Os socialistas recaban as propostas da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de cara ao debate do Estado da Autonomía

Os socialistas recaban as propostas da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de cara ao debate do Estado da Autonomía

Méndez Romeu confirma que a sanidade será “un dos grandes eixos da nosa intervención” logo de constatar o seu “enorme deterioro” polo proceso de privatización iniciado por Feijóo

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, e os responsables de sanidade do Grupo Socialista e do PSdeG-PSOE mantiveron un encontro cos representantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública para preparar o debate do Estado da Autonomía.

O portavoz socialista confirmou que a defensa da sanidade será un dos eixos da intervención dos socialistas galegos no debate, conscientes, explicou Méndez Romeu, do “enorme deterioro do servizo público que mellor define ao Estado do Benestar, o que determina a igualdade de todos e todas sen distinción de orixe ou condición social diante dos problemas de saúde”.

Explicou que a actuación do goberno galego, en coordinación co Goberno de Rajoy, está a provocar o “deterioro acelerado do que foi un sistema modélico en Europa e no mundo, en base aos principios de universalidade, gratuidade e proximidade aos usuarios”.

Advertiu da “privatización a gran escala” dos servizos sanitarios, así como das grandes infraestruturas –nomeadamente o Hospital de Vigo-, así como a redución da gratuidade e da universalidade sitúan ao sistema de saúde pública “seriamente tocado” por un goberno que fai caso omiso da “amplísima protesta dos profesionais e da sociedade galega”.

Méndez Romeu explicou que o encontro de hoxe forma parte dunha serie de xuntanzas dos socialistas galegos coas organizacións sociais, ONGs, institucións e plataformas para trasladarlle ao presidente da Xunta as inquedanzas da sociedade “na única ocasión anual na que Feijóo comparece diante do Parlamento”.

Na xuntanza de hoxe, ademais de Méndez Romeu, participaron o responsable da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, Manuel Martín, a portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, o responsable da Sectorial de Sanidade do PSdeG-PSOE, Francisco Reyes, e os responsables de sanidade de Xuventudes Socialistas de Galicia.

Plataforma

O portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, Manuel Martín, reclamou pola súa banda o aumento do financiamento da sanidade pública, a recuperación dos profesionais “eliminados dramaticamente pola administración” e a recuperación dos servizos privatizados como claves para recuperar a calidade da sanidade pública.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar