Os socialistas puntualizan que hai 18.106 galegos e galegas coas prestacións de dependencia recoñecidas pero sen percibilas

Os socialistas puntualizan que hai 18.106 galegos e galegas coas prestacións de dependencia recoñecidas pero sen percibilas

Os socialistas puntualizan que hai 18.106 galegos e galegas coas prestacións de dependencia recoñecidas pero sen percibilas

Carmen Gallego considera que o anuncio de axuda no fogar para 500 dependentes é “cinismo cruel con quen mais o necesita”

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, criticou hoxe o anuncio do presidente da Xunta de incluír no servizo de axuda no fogar a 500 dependentes mais. Considera que a medida é “cinismo cruel con quen mais o necesita”, xa que a día de hoxe hai en Galicia 18.106 persoas con prestacións recoñecidas que non as perciben por desleixo do goberno.

Gallego sinala que o anuncio supón “maquillaxe” para agochar a manobra de derrubamento que ten iniciado o PP en Galicia e no Estado contra a Lei da Dependencia e os servizos sociais. A responsable socialista lamenta que o presidente da Xunta está a demostrar cada día que “vive nun palacio dourado lamentablemente alleo á realidade” de milleiros de galegos e galegas.

Recomendoulle aos responsables de Políticas Sociais do goberno galego que “atendan ás estatísticas oficiais do Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais”, segundo as cales a 31 de decembro de 2013 había para Galicia 82.400 solicitudes rexistradas para atención por dependencia.

Do total de solicitudes, dixo, tan só se lles concedeu plenamente a 38.729, mentres outras 18.106 as teñen admitidas pero non pagadas polo goberno galego, co que “un total de 23.801 persoas solicitantes ficaron fora do sistema da dependencia”. Isto supón que o 30 por cento das solicitudes teñen as prestacións denegadas, mentres tanto nos ditames emitidos e as prestacións recoñecidas “estamos por debaixo da media estatal”.

Acusou ao goberno galego de escatimar as axudas provocando que Galicia, co 5,87 por cento da poboación estatal e cunha das maiores taxas de envellecemento, só teña rexistrado o 2,98 por cento das solicitudes de axuda á Dependencia, por debaixo da media estatal, que está no 3,49 por cento.

Ademais, mentres a media de ditames emitidos no Estado é do 3,25 por cento, en Galicia volve estar por debaixo, cun 2,92 por cento, así como as persoas beneficiarias da axudas, que mentres no Estado son o 1,6 por cento da poboación, en Galicia fican no 1,4 por cento.

Nova carteira de servizos

Advertiu ademais que o goberno galego ten posto en marcha unha campaña de reavaliación das prestacións co gallo da nova carteira de servizos para recortar as axudas para todos os beneficiarios. Dixo que o goberno galego tarda mais de un ano en conceder o recoñecemento ás prestacións, mentres os graos outorgados son menores, co que, resumiu, “tardan mais tempo en avaliar e avalían á baixa para aforrar”.

Denunciou que dende hai cinco anos o goberno galego incrementa as avaliacións ditaminadas sen grao e elimina a taxa de reposición, que “non se mantén en ningún dos graos”. Dixo que logo do Real Decreto do 30 de decembro de 2011 “retrasaron o dereito a ser atendidas para as persoas en situación de dependencia moderada ata 2015, mentres as persoas en grao I perden o dereito a ser atendidos”.

Ao mesmo tempo, dixo, reduciron contías das prestacións por coidados no entorno familiar nun 15 por cento, empeoraron as atencións e a intensidade da axuda a domicilio e deixaron de financiar as cotizacións á seguridade social das persoas coidadoras.

Lamentou que “non hai prazas públicas para atender á demanda pero si diñeiro para financiar prazas privadas”, e explicou que recortaron os orzamentos nas libranzas nunha Comunidade Autónoma que carece das prazas suficientes. En definitiva, concluíu, “o único que garante Feijóo é cada vez mais custe para as persoas usuarias” aumentando o copago do servizo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar