Os socialistas proporán a Abel Losada como presidente da Comisión 3ª do Parlamento

Os socialistas proporán a Abel Losada como presidente da Comisión 3ª do Parlamento

Os socialistas proporán a Abel Losada como presidente da Comisión 3ª do Parlamento

O Grupo Socialista proporá ao cabeza de lista pola provincia de Pontevedra e portavoz de Orzamentos, Industria e I+D, Abel Losada, como candidato a presidir a Comisión 3ª do Parlamento, de Economía, Facenda e Presupostos, que tradicionalmente correspóndelle á oposición. Os socialistas galegos poderán facer esta proposta a raíz dos acordos acadados entre os grupos da oposición para organizar o traballo parlamentario.

Así llelo comunicou hoxe o portavoz socialista ao resto dos grupos parlamentarios logo da rolda protocolaria de contactos co presidente do Parlamento para presentar candidato á presidencia da Xunta.

O portavoz socialista sinalou na súa intervención posterior ao encontro co presidente da Cámara que “aceptamos con lealdade democrática o resultado das urnas e é ao PP a quen lle corresponde presentar candidato”.

Adiantou que “darémoslle a réplica ao candidato que propoña o PP” e dixo que “non contemplamos outra hipótese” que non sexa votar en contra de que Feijóo repita como presidente da Xunta.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar