Os socialistas propoñen unha visita do Parlamento aos centros penitenciarios galegos para "verificar as súas condicións"

ANXO QUINTANAOs socialistas galegos veñen de remitir dous escritos ás mesas das comisións Institucional e de Política Social para propoñer unha visita institucional “a cada un dos centros penitenciarios de Galicia”. O obxecto é “verificar as súas condicións actuais e dar resposta ás diversas preocupacións e queixas recibidas ao respecto”.

Os socialistas galegos consideran imprescindible que unha representación de tódolos grupos acuda a estas visitas “logo das xestións oportunas e previo acordo cos responsables” dos cárceres galegos.

A deputada socialista Carmen Acuña explica que esta solicitude é cursada logo de terlle remitido un escrito ao delegado do Goberno. Este comunicou, o pasado 24 de marzo, que “daba traslado da dita petición á Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias do Ministerio do Interior”, hai agora un mes no que os socialistas non recibiron resposta algunha.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar