Os socialistas propoñen un pacto para unha nova lei que sirva como marco estable para o urbanismo en Galicia

Os socialistas propoñen un pacto para unha nova lei que sirva como marco estable para o urbanismo en Galicia

Os socialistas propoñen un pacto para unha nova lei que sirva como marco estable para o urbanismo en Galicia


O portavoz de Urbanismo do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego propuxo hoxe, no Pleno do Parlamento, un Pacto polo territorio ao Goberno de Feijoo. Rego reclama “un marco estable para regular a lexislación dos cidadáns co noso territorio, e tamén coas institucións que os representan”.

Asegura que en Galicia triunfou o modelo do “vai facendo”, e critica que a formula de Feijoo “é a consecuencia dun fracaso, xa que a nosa Comunidade non ten un gran acordo sobre urbanismo”. E insistiu “estamos diante dun gran fracaso de pais”.

Rego lembra que o Pacto do PSdeG-PSOE foi presentado en diversas ocasións nesta Cámara. E subliña que as medidas postas en marcha polo Goberno do PP nesta area como a tramitación das DOT, o Plan de Protección do Litoral, e a necesaria modificación da Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, remataron cunha profunda decepción “xa que o goberno de Feijoo empezou a modificar o urbanismo de Galicia á carta, sen dialogo e sen consenso, para impoñer o modelo do PP que estaba presidido pola discrecionalidade”.

Lei de Acompañamento

O parlamentario socialista critica tamén que o Goberno de Feijoo por un lado tenta impulsar o dialogo, e polo outro “quere modificar a Lei urbanística de Galicia a través da Lei de Promoción Industrial da nosa Comunidade”. Denuncia que esta modificación “é claramente inconstitucional”.Critica tamén que “afonda novamente na discrecionalidade da Xunta”, e proseguiu “ademais a Lei de Acompañamento dos orzamentos aprobada hoxe no Parlamento polo PP, tamén modifica a Lei de Ordenación urbanística de Galicia”, espetou.

Por iso preguntou “este é o modelo que propón o Partido Popular?”, insistiu. E anunciou que o Grupo Parlamentario Socialista non apoia este modelo.

Respectar aos concellos

Dixo que o Pacto polo territorio de Galicia “debe partir dun novo marco de referencia para os concellos que parta do actual, unha normativa clara que facilite o planeamento, que respecte as competencias de cada quen, tanto a dos Concellos como as da Xunta”.

Rego dixo que a Xunta tamén ten que recoñecer e respectar os acordos parlamentarios sobre a situación urbanística, nese senso lembrou a proposta acadada por unanimidade na Cámara Autonómica sobre a creación unha comisión parlamentaria para unha nova redacción da Lei do Solo de Galicia. Asegura que agora “é un bo momento para abrir un debate sobre o modelo urbanístico”.

Ourense

Afirma que en Galicia hai Conselleiros que firmaron Plans Xerais de Ordenación urbana dalgunha cidade de Galicia que son distintos aos que asinaron na aprobación definitiva do Plan “todos non actuamos igual”, espetou..

Dixo que o Grupo PSOE non comparte “a barrerizacion de Galicia”, en detrimento da política que defende o Partido Popular “que protexen e ampara este tipo de urbanismo que destrúe o noso litoral, non defendemos o mesmo”, advertiu.

Por ultimo emprazou ao executivo autonómico a acadar un marco urbanístico entre a Galicia urbana e rural “establecer un canle de relación de responsable con criterios de sustentabilidade moderna e eficaz”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar