Os socialistas propoñen mobilizar 555 millóns de euros da Xunta para crear 30.000 empregos, reactivar o tecido económico de Galicia e blindar os servizos públicos

Os socialistas propoñen mobilizar 555 millóns de euros da Xunta para crear 30.000 empregos, reactivar o tecido económico de Galicia e blindar os servizos públicos

Os socialistas propoñen mobilizar 555 millóns de euros da Xunta para crear 30.000 empregos, reactivar o tecido económico de Galicia e blindar os servizos públicos

Juan Carlos González Santín propón aumentar os ingresos en 337 millóns cun novo modelo fiscal e reducir o gasto improdutivo en 218 millóns de euros

Advirte que os orzamentos da Xunta fracasan na creación de emprego, recortan os servizos sociais básicos e carecen de previsión e análise serio da realidade

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, reclamou hoxe a mobilización de 555 millóns de euros da Xunta co obxectivo de crear 30.000 empregos, reactivar o tecido económico e blindar os servizos públicos. Así o dixo no debate da emenda transversal aos orzamentos, que establece a variacións de partidas nas contas do goberno galego.

O responsable socialista propuxo así reorientar as contas do goberno galego para encetar un Plan de Emprego con novas medidas para a contratación de desempregados, ao tempo dunha serie de actuacións de apoio e mellora das condicións económicas de Galicia e a mellora das políticas sociais e dos servizos públicos esenciais.

González Santín reclamou a recuperación e impulso da I+D+i, así como a posta en marcha dun Plan de Industrialización para un sector que perdeu un de cada catro postos de traballo dende que chegou Feijóo á Xunta, incluíndo a dinamización do solo industrial de Galicia. Tamén propuxo a recuperación do seguro de mal tempo e de accidentes do mar e os plans de pensións das mariscadoras.

As emendas presentadas hoxe polos socialistas galegos propoñen o fomento do sector turístico e o incremento do financiamento dirixido a potenciar os tres aeroportos galegos, así como o apoio ás industrias culturais e ao pequeno comercio de Galicia.

Orzamento fracasado

O responsable socialista advertiu hoxe que os orzamentos presentados polo goberno galego padecen dunha “falla de previsión clamorosa” mentres a “falla de plurianualidade roza a neglixencia”. Explicou que o orzamento demóstrase fracasado no tocante á creación de postos de traballo, incide no recorte dos servizos sociais básicos e os programas sociais e carece de previsión e dunha análise seria da realidade.

En primeiro lugar, sinalou que a Xunta “renuncia a calquera medida novidosa que contribúa á creación de emprego” e a frear a tendencia que provocou o medre do 70 por cento no desemprego dende a chegada de Feijóo ao goberno galego, 23 puntos mais que no resto do Estado. Considera “inexplicable” que neste contexto o goberno galego reduza os fondos para os programas de creación de emprego nun 76 por cento dende 2009.

Ademais, salientou que en plena crise económica o goberno galego castiga especialmente aos servizos sociais, como educación, sanidade, protección aos desfavorecidos, benestar e vivenda pública. Lembrou que dende a chegada de Feijóo ao goberno galego en 2009 ten recortado 4.000 millóns de euros, co agravante de incorporar novos repagos.

Acordo fiscal

O responsable socialista chamou a acordar un novo modelo fiscal para reducir os impostos indirectos e aplicar mais carga impositiva aos que mais teñan, xa que a tributación indirecta recada a metade do que sería recadado polas grandes fortunas. Dixo que o repago nas medicinas, supón que “en lugar de que pague mais quen mais ten, a realidade é que gravan a enfermidade”.

Os socialistas propuxeron así aumentar en 337 millóns de euros grazas á nova fiscalidade e a redución de 218 millóns de euros en gastos superfluos ou improdutivos, o que permitiría dispor dun remanente de 555 millóns de euros, modificando o 5,4 por cento do orzamento consolidado.

Reclaman neste sentido unha política de ingresos “non conformista e mais progresista” gravando ás grandes rendas e patrimonios, establecendo unha nova fiscalidade medioambiental, gravando os depósitos das entidades financeiras ou as grandes superficies comerciais, así como pola mellora da xestión recadatoria e a loita contra a fraude fiscal.

Ao mesmo tempo, propoñen a redución nos gastos de persoal de gabinete e en publicidade e propaganda, o aforro en gastos de funcionamento ordinario, as transferencias para o ensino concertado, a reforma do sector público autonómico, e os gastos de carácter inmaterial.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar