Os socialistas propoñen medidas compensatorias para os transportistas que a Xunta deixa fóra da devolución do incremento da taxa autonómica sobre hidrocarburos

Os socialistas propoñen medidas compensatorias para os transportistas que a Xunta deixa fóra da devolución do incremento da taxa autonómica sobre hidrocarburos

Os socialistas propoñen medidas compensatorias para os transportistas que a Xunta deixa fóra da devolución do incremento da taxa autonómica sobre hidrocarburos

O martes someterase a aprobación desta taxa autonómica, que suporá un incremento de 3,6 céntimos/litro no gasóleo e 2,4 no caso da gasolina

A suba ao tipo máximo do tramo autonómico afecta a todos os usuarios, pero a Xunta devolverá esta cantidade aos vehículos de máis de 7,5 toneladas. Os socialistas propoñen unha compensación para a maioría dos transportistas, que quedan fora desta medida, e cuxas economías non soportan máis repagos

Os socialistas tamén esixirán a posta en marcha dun Plan PIVE para a renovación das flotas por vehículos con menor emisión de CO2

O Grupo Socialista defenderá no Pleno de Presupostos do vindeiro martes, dia 17, unha serie de emendas relativas a conseguir as garantías necesarias para que a Xunta reintegre na súa totalidade a recadación do céntimo sanitario aos profesionais do transporte. Suxiren os socialistas para tal fin o mecanismo xa existente a través da Axencia Tributaria para vehículos de masa máxima superior a 7,5 toneladas e a implantación dunha axuda compensatoria para o resto de vehículos afectados.

Consideran inxusta a decisión da Xunta de subir ao tipo máximo o tramo autonómico do imposto sobre hidrocarburos. Denuncian que esta subida pode supoñer a un transportista un custe extraordinario de ata 300 euros ao mes por camión.

O Goberno de Feijóo pretende aprobar a semana que ven a entrada en vigor, a partir do primeiro de xaneiro de 2014, dunha suba do carburante que, no caso do gasóleo será de 3,6 céntimos máis en litro, quedando a taxa aplicada por consumo deste combustible nos 4,8 céntimos por litro. A taxa igualarase para a gasolina, que duplicará os 2,4 céntimos actuais.

Esta suba da taxa aplicarase a todos os consumidores por igual. Tan só quedan excluídos, a través da súa posterior devolución pola Xunta, os vehículos de máis de 7.500 quilos.

Esta medida deixa fora da exención a moitos vehículos do sector do transporte, polo que os socialistas pretenden unha axuda compensatoria polo mal chamado céntimo a sanitario para o resto de transportistas, con vehículos de menos tonelaxe. Estes profesionais consideran insostible a carga impositiva que soportan e teñen anunciado unha protesta mañá luns, en Santiago.

Os socialistas tamén esixirán do Goberno galego que poña en marcha, no primeiro semestre de 2014, un Plan PIVE dirixido á renovación de vehículos para os profesionais do sector do transporte, co obxecto de facilitar a renovación do actual parque de vehículos profesionais por outros cuxas melloras permitan unha redución efectiva das emisións de dióxido de carbono (CO2) á atmosfera.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar