Os socialistas propoñen axudas fiscais e financiamento de I+D para o automóbil galego

Os socialistas propoñen axudas fiscais e financiamento de I+D para o automóbil galego

Os socialistas propoñen axudas fiscais e financiamento de I+D para o automóbil galego

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, ven de solicitar “medidas fiscais e liñas de financiamento e I+D que favorezan a recuperación das vendas de vehículos” no mercado galego. O responsable socialista presentou unha batería de iniciativas diante do desleixo da Xunta fronte á caída do sector.

O parlamentario socialista reclámalle á Xunta de Galicia que se dirixa ao Ministerio de Industria para encetar un marco de medidas de apoio á recuperación das vendas de vehículos no mercado interior. Propón tamén que os orzamentos do Igape inclúan partidas específicas para o financiamento dos concesionarios de vehículos de uso privado, así como para os vendedores de vehículos de uso comercial ou industrial.

Méndez Romeu salienta a inacción do Goberno galego para apoiar a un sector que ven de acumular varios meses consecutivos de caída das ventas. Sinala neste sentido que mesmo “unha infraestrutura de futuro como a Plataforma Plisan está paralizada, e non hai noticia da posición da Xunta de Galicia verbo do Ministerio de Industria”.

O responsable socialista lembra que o peso do sector é ben coñecido, xa que en Galicia ocupa a 19.300 persoas directa ou indirectamente, supón o 12 por cento do PIB galego e o 26 por cento das exportacións e está concentrado especialmente no sur de Pontevedra. A industria automobilística galega é actualmente o 17 por cento do sector en España e factura en torno aos 7.400 millóns de euros anuais.

Dificultades

Actualmente esta industria pasa por un momento de dificultades, con caídas das ventas dun 20 por cento interanual, e con envellecementos do parque circulante en tódolos segmentos. O Ministerio de Interior sinala que o 44 por cento dos vehículos que circulan actualmente polas estradas españolas teñen dez ou mais anos, “con previsión de medrar e con consecuencias negativas para o medio ambiente e a sinestralidade viaria”.

Sinala que os fabricantes e a industria auxiliar están a dar traslado da súa preocupación ao Goberno central, propoñendo unha redución de cargas fiscais, un plan de impulso da renovación de flotas de empresa e vehículos de autónomos e plans estruturais nun sector punteiro en tecnoloxía e innovación. Ademais demandan novas liñas de financiamento do ICO dirixidas a concesionarios e á venda de vehículos comerciais e industriais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar