Os socialistas presentarán novas iniciativas en defensa dos afectados polo “fraude” das preferentes e subordinadas e esixen a Feijóo que teña “dignidade” e os reciba

Os socialistas presentarán novas iniciativas en defensa dos afectados polo “fraude” das preferentes e subordinadas e esixen a Feijóo que teña “dignidade” e os reciba

Os socialistas presentarán novas iniciativas en defensa dos afectados polo “fraude” das preferentes e subordinadas e esixen a Feijóo que teña “dignidade” e os reciba

“Pedimos o fin do veto do PP a que se reabra a comisión de investigación das caixas galegas”, asegura Carmen Gallego

A viceportavoz do PSdeG lembra que “non está todo feito” e 20.000 galegos aínda non recuperaron o seu diñeiro

A viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Carmen Gallego, asegurou hoxe na Cámara que o PSdeG presentará novas iniciativas en defensa dos afectados polo “fraude” das participacións preferentes e as obrigas subordinadas.

Representantes das plataformas de afectados mantiveron hoxe unha reunión cos grupos parlamentarios. A deputada socialista demandoulle “dignidade” ao presidente da Xunta de Galicia e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, para que os reciba, á marxe de lembrar que “non está todo feito” e 20.000 persoas aínda non recuperaron uns 210 millóns de euros.

“Despois de tres anos de loita permanente no Parlamento, no Congreso e na UE, o 99% das demandas xudiciais deron a razón aos afectados, o que demostra que non eran inversores, nin radicais, nin se lucraban”, afirmou Gallego, que manifestou ademais que “as responsabilidades políticas e xudiciais están sen depurar”.

Os afectados teñen agora novos problemas, como a decisión da Axencia Tributaria de tratar como investimento a recuperación dos cartos. “Facenda non pode facer isto, os socialistas presentamos un recurso de inconstitucionalidade contra as quitas e seguiremos loitando polos dereitos dos afectados”, aseverou.

Carmen Gallego solicitou tamén ao Partido Popular que poña fin ao veto que impide a reanudación dos traballos da comisión de investigación sobre as caixas galegas no Parlamento, paralizada desde hai un ano.

“En Cataluña, o Parlamento xa remitiu as conclusións da comisión de investigación á Fiscalía, co obxectivo de que se depuren todas as responsabilidades políticas e xudiciais”, engadiu a viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar