Os socialistas presentarán nos concellos unha moción na que instan á Xunta a instaurar un seguro de mal tempo para paliar as perdas da frota pesqueira

Os socialistas presentarán nos concellos unha moción na que instan á Xunta a instaurar un seguro de mal tempo para paliar as perdas da frota pesqueira

Os socialistas presentarán nos concellos unha moción na que instan á Xunta a instaurar un seguro de mal tempo para paliar as perdas da frota pesqueira

Os ingresos caeron xa máis dun 28% en algúns dos sectores afectados polas continuas borrascas desde decembro

O Partido Socialista de Galicia presentará en todos os concellos galegos unha moción na que instan á Xunta a instaurar un seguro de mal tempo que poida paliar as perdas que sofren os traballadores do mar polas continuas borrascas desde o pasado mes de decembro.

A decisión de presentar esta moción, aprobada na Executiva do PSdeG celebrada o luns, baséase en que “desde o pasado mes de decembro Galicia está a ser azotada por diversos temporais e cicloxénese explosivas que están a impedir que a frota pesqueira poida saír a faenar”, asegura María del Carmen Casalderrey, secretaria de Economía Pesqueira dos socialistas galegos.

“Esta situación está a poñer aos armadores e mariñeiros nunha situación económica límite, cunha caída de ingresos da frota que tamén está a repercutir nas lonxas e nas peixeiras, que ven como as capturas son mínimas e o desabastecemento dos mercados é cada día maior; algúns sectores xa cifraron estas perdas en máis dun 28% desde o pasado mes de decembro”, engade Casalderrey.

Na lexislatura na que o PSdeG ocupou a Presidencia da Xunta, implementouse o denominado Seguro do Mal Tempo, que pretendía cubrir as perdas das embarcacións cando tiñan que permanecer en porto pola presenza de temporais.

Coa chegada do Partido Popular ao Goberno da Xunta este seguro deixouse de pagar e eliminouse. Ata ese momento, o Executivo galego financiaba unha parte do custe do seguro e o resto correspondía aos propios armadores.

“Agora vemos como esta situación de mal tempo está a perdurar e o seguro sería un sistema idóneo para paliar as perdas da frota pesqueira galega”, engade Casalderrey, polo que os socialistas impulsan a moción na que lle piden á Xunta a posta en marcha de novo do seguro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar