Os socialistas presentarán mocións nos concellos para mellorar a vida dos máis necesitados, “xa que o PP está só interesado en manter o poder"

Os socialistas presentarán mocións nos concellos para mellorar a vida dos máis necesitados, “xa que o PP está só interesado en manter o poder"

Os socialistas presentarán mocións nos concellos para mellorar a vida dos máis necesitados, “xa que o PP está só interesado en manter o poder"

ExecutivaOs socialistas galegos presentarán mocións en todos os concellos para impulsar unha mellora de vida dos máis necesitados, “xa que o PP está só interesado en manter o poder nos municipios cun cambio sen consenso da Lei Electoral”.

En concreto, serán tres as mocións, que coinciden coas peticións do novo secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez. Unha delas para que os desempregados de longa duración con responsabilidades familiares teñan un subsidio, outra solicitando maior orzamento para a Lei de Dependencia e unha terceira instando ao Goberno a reforzar o financiamento público destinado a garantir a aplicación do programa europeo de axuda alimentaria ás persoas máis necesitadas

As mocións serán sometidas nos concellos da comunidade á consideración do pleno. “Queda clara a prioridade dos socialistas galegos, mentres outros só queren aferrarse ao poder cun cambio lexislativo incomprensible e que pretenden levar adiante sen consenso”, asegura Valentín Formoso, secretario de Política Municipal do PSdeG.

Segundo a Enquisa de Poboación Activa do segundo trimestre de 2014, hai 5.616.011 persoas en situación de desemprego, das cales só 1.773.573 perciben algún tipo de prestación. O artigo 35.1 da Constitución consagra o dereito e a obriga de traballar ao establecer que “todos os españois teñen o deber de traballar e o dereito ao traballo, ademais dunha remuneración suficiente para satisfacer as súas necesidades e as da súa familia”.

En opinión dos socialistas e tal e como recolle unha das mocións (documento adxunto), “a situación de necesidade de moitas familias está causada pola súa situación de desemprego, de aí que os poderes públicos, de acordo co inequívoco mandato do artigo 41 da Constitución, deban garantir a asistencia e prestacións sociais abondo ante a situación de desemprego”.

Na moción da Lei de Dependencia, os socialistas instan a que “se establezan as partidas necesarias nos orzamentos da Xunta de Galicia dos vindeiros anos para que o gasto público por persoa dependente atendida sexa, polo menos, superior á media do Estado e se equipare coa das comunidades autónomas do norte con semellante distribución demográfica que Galicia.

Na correspondente ás axudas alimentarias, o PSdeG demanda por parte do Goberno que “reforce o financiamento público destinado a garantir ás persoas máis necesitadas alimentos básicos de calidade, a través dos Presupostos Xerais do Estado, no marco de políticas de cohesión para a inclusión social”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar