Os socialistas presentarán emendas contra a degradación dos axentes forestais na Lei de Función Pública

Os socialistas presentarán emendas contra a degradación dos axentes forestais na Lei de Función Pública

Os socialistas presentarán emendas contra a degradación dos axentes forestais na Lei de Función Pública

A secretaria de Medio Rural, Fe Álvarez, e o deputado Pablo García, lamentan “unha nova degradación do público para quitarlle o monte aos veciños e poñelo pouco a pouco en mans privadas”

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, a secretaria de Medio Rural, Fe Álvarez, o deputado e voceiro do sector no Parlamento, Pablo García, e o secretario de acción electoral, Luis Ángel Lago Lage, reuníronse onte a última hora co presidente de Aprafoga, Xosé Bieito Rodríguez, e con representantes de todos os sindicatos na sede do partido en Santiago para promover iniciativas contra a “degradación administrativa e de funcións” dos axentes facultativos medioambientais por parte do goberno de Alberto Núñez Feijóo, o que significa na práctica “degradar o público en favor do privado”.

A nova Lei de Función Pública que a Xunta pretende sacar adiante establece novas escalas que baixan do nivel B ata o C1 a estes traballadores públicos, o que fará que xa non precisen ter unha formación específica como técnicos superiores en recursos naturais, como sucedía ata agora, e que a labor destes axentes se desprofesionalice e poida ser exercida por persoas de menor cualificación, só con estudos secundarios. “Estes axentes presentaron alegacións e as propias secretarías xerais técnicas de Medio Rural e de medio Ambiente da Xunta danlles a razón, pero o goberno do PP segue adiante co seu rodillo para poñer o monte de forma gradual en mans privadas”, explica Fe Álvarez. “O primeiro paso é crear uns servizos públicos pouco cualificados, para despois quitarlle o monte aos veciños e poñelo pouco a pouco en mans privadas”, engade.

A socialista lamenta que o goberno de Feijóo queira degradar “un corpo fundamental para o desenrolo sostible dos recursos naturais”, en lugar de “afianzar a súa posición e dotalos de medios e ferramentas para acabar cos problemas estruturais do monte”, como son “os deslindes ou os plans de ordenación”. Ademais, explica que estes axentes “tiñan cualificación ata agora como directores de extinción de incendios”, e por tanto a Lei de Función Pública “abre tamén a porta neste campo ás empresas privadas”. Os socialistas apoiarán as reivindicacións dos traballadores e presentarán emendas cando a Lei chegue ao Parlamento. Ademais, “se o rodillo do PP segue adiante” comprometéronse cos traballadores a derogar este tipo de cambios “contra o público” se chegan ao goberno.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar