Os socialistas presentan un total de 478 emendas aos orzamentos como “man tendida para mellorar a calidade de vida dos galegos"

Os socialistas presentan un total de 478 emendas aos orzamentos como “man tendida para mellorar a calidade de vida dos galegos"

Os socialistas presentan un total de 478 emendas aos orzamentos como “man tendida para mellorar a calidade de vida dos galegos"

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, defendeu hoxe un total de 478 emendas presentadas polos socialistas aos orzamentos da Xunta. No Pleno de Orzamentos, dixo que constitúen unha “man tendida para mellorar a calidade de vida dos galegos e das galegas” e lamentou que o PP “non ten ningunha vontade de diálogo e non quere concertar nada”.

Advertiu que a actitude do PP “leva a Galicia ao máis absoluto fracaso económico”. Criticou así que, entre as 54 emendas ao articulado e as 424 emendas ao estado de gastos presentadas polos socialistas “o PP só tivo a ben aceptar dúas para cambiar unha preposición e citar unha Lei, sen transcendencia na modificación das contas da Comunidade Autónoma”.

Caride sinalou que esta actitude contrasta cun PP que “preséntase como moi dialogante e concertante” mentres “demostran que o son pouco coas emendas socialistas”. A responsable socialista engadiu que “concertan cos colexios que segregan pero son desconcertantes coas familias que o pasan mal e que están a asumir os custes da crise”.

Acusou ao PP de “aproveitar a crise para privatizar a sanidade e deteriorar os servizos públicos” e diante dun “panorama económico claramente desesperanzador optan por borrarse da crise e botar balóns fora”. Engadiu que se manteñen “indiferentes ás demandas sociais, aos problemas da xente e non dispostos a modificar unha coma duns orzamentos que levan a Galicia polo camiño do fracaso económico”.

Sinalou que a realidade é que a política económica de Feijóo supón un “absoluto fracaso” que “levou a Galicia a encabezar o incremento do paro de toda España en novembro, ter máis familias sen recursos e deixar aos galegos e galegas na estacada e sen futuro”. Aludiu ao incremento de 11.274 parados no mes de novembro, que sitúa a cifra total en 253.416 desempregados, a maior cifra rexistrada en toda a historia de Galicia.

Mentres, sinalou, aumentan nun 50 por cento os demandantes da Renda de Inserción Social de Galicia –Risga-, duplican as solicitudes de comedores sociais, hai 20.000 familias sen ingresos, 60.000 teñen a tódolos seus membros no paro, os drogodependentes non teñen prestacións, os provedores non cobran e o endebedamento duplícase. Diante deste “panorama desesperanzador”, dixo, o PP “opta por borrarse da crise e botar balóns fóra”.

Mellora dos servizos públicos

Caride presentou na súa intervención as 478 emendas do Grupo Socialista, dirixidas á “mellora dos servizos públicos, a defensa dos máis débiles, acadar unha mellor distribución dos custes da crise, incrementar a eficiencia e a transparencia no gasto público e a mellora dos dereitos dos cidadáns”. Reclamou ao PP a apoiar estas propostas “para demostrar si están de lado dos galegos e das galegas”.

Explicou que as emendas socialistas céntranse na defensa dos servizos públicos, na defensa dos máis débiles, garantir a transparencia e eficiencia no gasto público, a mellora do financiamento dos concellos e a garantía dos dereitos dos cidadáns. Así, reclamou o rexeitamento do copago “mentres Feijóo di que estar no hospital é como unha pensión que hai que pagar, ou anuncia o pago polas próteses”.

No tocante á educación, reclamou o reforzo da escola pública mentres o PP opta por abrir módulos en colexios concertados á carón de centros públicos con prazas baleiras, como sucede en Pereiro de Aguiar. Tamén reclamou unha garantía expresa de que o transporte escolar sega sendo universal e gratuíto, mentres o PP apunta o seu copagamento.

Tamén reclamou o incremento da Renda de Inserción Social –Risga-, establecendo un prazo máximo de 2 meses para resolver as solicitudes de adhesión a esta renda, así como o aumento nun 3 por cento para a Risga e o complemento autonómico das Pensións non Contributivas. Os socialistas galegos solicitaron a mellora do efecto redistribuidor da renda, incrementando os tramos para as maiores rendas e o imposto de patrimonio.

Caride reclamou créditos ampliables para o pagamento de bolsas de estudos e formación, e criticou que o presidente da Xunta “considera valente a un reitor que quere subir as taxas mentres el continúa reducindo as bolsas de estudos”. Tamén propuxo a mellora da eficiencia do gasto público incrementando a transparencia e reducindo os gastos trasladables ao fondo de continxencia”.

A responsable socialista propuxo limitar a fórmula das colaboracións público privadas para impedir financiar con este sistema servizos públicos básicos, xa que “socializan as perdas e privatizan os beneficios”. Advertiu que o Hospital de Vigo, financiado con este modelo, “terá os mesmos problemas de financiamento que está rexistrando a Autovía do Morrazo”.

Do mesmo xeito, instou ao PP a apoiar que non se poidan prorrogar os prazos das concesións e que non se inicie un só contrato máis deste tipo mentres o goberno e o Parlamento de Galicia non dispoñan dun informe sobre os límites á utilización desta fórmula para garantir a sostibilidade das finanzas públicas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar