Os socialistas presentan alegacións contra o grupo de goberno de Santiago por "antidemocrático e contrario á Constitución"

Os socialistas presentan alegacións contra o grupo de goberno de Santiago por "antidemocrático e contrario á Constitución"

Os socialistas presentan alegacións contra o grupo de goberno de Santiago por "antidemocrático e contrario á Constitución"

Santiago_concelloO Partido Socialista de Galicia (PSdeG) presentou hoxe alegacións á decisión da Xunta Electoral Central de autorizar o novo grupo de goberno no Concello de Santiago. “A proposta é antidemocrática e contraria á doctrina do Tribunal Constitucional, que conculcaría os dereitos fundamentais recoñecidos no artido 23 da Constitución”, consideran os socialistas galegos.

No texto das alegacións á decisión da Xunta Electoral do pasado día 23, os socialistas consideran que o artigo 182.2 da LOREG, que habilita a designación de persoas que non figuran nunha candidatura electoral, “só é aplicable de forma moi excepcional en situacións de risco democrático, sin que poda procederse a unha aplicación expansiva e decontextualizada”, e lembran que é unha norma que xurdiu nun contexto aplicado ao terrorismo no País Vasco.

“É obvio que a Xunta Electoral Central non lle corresponde levar a cabo o control de constitucionalidade do artigo 182.2 da LOREG, tarefa reservada ao Tribunal Constitucional, pero si debe interpretar e aplicar a lei no modo e forma máis favorable aos dereitos fundamentais dos cidadans”, sostén o escrito.

Os socialistas sosteñen que o Concello de Santiago se atopa “sen alcalde nin equipo de goberno, e dos trece concelleiros que integraban o grupo municipal popular só dous foron elexidos directamente pola cidadanía”.

“En ningún caso concorre un risco exterior de ameaza antidemocrática que provoque inseguridade persoal e inestabilidade institucional, o que xustifica a excepcional regulación do artigo 182.2 LOREG, senón que foron as sucesivas crisis do grupo popular as que provocaron que se chegase á actual situación de anomalía democrática”, reflicte o texto.

“No caso de prosperar a proposta de anuncio da Xunta Electoral Central, resultaría que sete personas alleas á candidatura presentada polo Partido Popular decidirán quen será o novo alcalde de Santiago”, engaden os socialistas, polo que “concurren razóns constitucionais e legais suficientes para que se considere improcedente acceder á designación solicitada”.

“Permitir que persoas alleas ás eleccións poidan decidir o nomeamento dun novo goberno como se se tratase de representantes electos supón admitir unha quebra inxustificada do principio democrático e dar apariencia de lexitimidade ao que manifestamente carece de ela”, sostén o PSdeG.
Os socialistas engaden que “constituír unha xestora ata as próximas eleccións é unha solución institucional democraticamente anómala pero que institucionalmente advirte aos cidadáns desa anomalía e do carácter transitorio da solución prevista na lei”, despois de que o PP admitise publicamente que fixo renunciar á maioría das persoas incluídas na lista para poñer outras de fóra e formar un novo goberno ilexítimo, en contra do que lle solicitaban os socialistas.
O PSdeG considera que a situación de Santiago trascende o ámbito municipal e autonómico, ao supor un precedente “antidemocrático” para todos os concellos de España.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar