Os socialistas presentan 314 preguntas sobre o deporte galego en comisión

Os socialistas presentan 314 preguntas sobre o deporte galego en comisión

Os socialistas presentan 314 preguntas sobre o deporte galego en comisión

A Comisión Institucional do Parlamento debateu hoxe 314 preguntas orais presentadas pola portavoz de Deporte do Grupo Socialista, Carmen Acuña logo da negativa da Xunta a respondelas por escrito dende setembro de 2010. Denunciou “desprezo pola democracia, indolencia e desleixo” por un retraso de 14 meses para presentar as instalacións deportivas nos concellos galegos.

Acuña considerou “lamentable e intolerable” que os parlamentarios autonómicos teñan que recorrer a converter estas preguntas en orais para que o goberno galego teña que respostar. Dixo que esta actitude resulta “impropio dun goberno supostamente democrático, eficaz e transparente” e criticou o “desprezo absoluto polas regras da democracia dun goberno que non admite a labor de control dos grupos da oposición”.

A parlamentaria socialista reclamaba coñecer as infraestruturas coas que contan os concellos galegos “e quén está a xestionalas”, si ben os concellos, as deputacións provinciais ou a propia Xunta. Amosou a súa “fonda sorpresa” por que o responsable de Deporte da Xunta “non saiba quén xestiona as instalacións” o que resulta “imprescindible para xestionalas cun mínimo de eficacia”.

Criticou que a Xunta teña deixado “de lado” as propostas “absolutamente pretenciosas” emitidas en campaña electoral para pasar a asumir “obxectivos pouco ambiciosos” unha vez no goberno galego. Lembrou as propostas de instalar garderías nas instalacións deportivas que “non sabemos ónde están nin qué fixeron con elas”.

A responsable socialista advertiu que “das súas propostas só quedaron os programas Xogade e Galicia Saudable”, si ben xa ten pasado a metade da lexislatura e “o programa Xogade está ameazado de morte por inanición sen presuposto e o Galicia Saudable está absolutamente desaparecido”.

Criticou que o director xeral de Deporte teña demostrado unha “absoluta falla de xestión no seu departamento” debido a que “está demasiado ocupado con tanta viaxe, tanta inauguración, entrega de premios, tanto campión e cousas desa índole que lle deixan pouco tempo para traballar polo noso deporte”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar