Os socialistas presentan 301 propostas de resolución centradas na reactivación económica e do emprego e na blindaxe dos servizos públicos

Os socialistas presentan 301 propostas de resolución centradas na reactivación económica e do emprego e na blindaxe dos servizos públicos

Os socialistas presentan 301 propostas de resolución centradas na reactivación económica e do emprego e na blindaxe dos servizos públicos

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, presentou hoxe as 301 propostas de Resolución que os socialistas levan á segunda parte do Debate do Estado da Autonomía. As liñas centrais destas propostas son a reactivación económica e do emprego e a blindaxe dos servizos públicos e as políticas de inclusión social.

Criticou o plantexamento político “fondamente ideoloxizado” de Feijóo ao centrar a súa actuación “unicamente nos recortes” carente de medidas dirixidas a impulsar a economía e o emprego. Engadiu que en materia social presenta un “ataque aos servizos públicos universais e gratuítos que conforman o Estado do Benestar” e mesmo “abre a vía á privatización e ao copago”.

Os socialistas galegos propoñen tamén a elaboración dun Plan de Emprego Feminino para paliar a especial incidencia que ten o paro neste xénero, así como un programa de impulso e mellora da calidade da Formación Profesional, logo de que a xestión de Feijóo fixera practicamente desaparecer as bolsas para estes estudantes.

En materia de servizos públicos e da inclusión social, os socialistas reclaman o rexeitamento expreso do copago a través dunha proposta logo de que o PP “cole polas fendas” este modelo “inxusto e insolidario”. Tamén reclamarán á Xunta que recupere o nivel orzamentario que atopou no Plan Concertado en 2009, logo dunha redución drástica do 80 por cento para as prestacións de servizos polos concellos.

Incremento de ingresos e

mellora do emprego

Losada anunciou unha serie de propostas dirixidas a mellorar a recadación de fondos por parte do goberno galego que permitiría aumentar a carteira do goberno galego en 250 millóns de euros. Unidos aos 250 millóns adicionais correspondentes ao adiamento de 5 a 10 anos da devolución de fondos ao Estado suma un total de 500 millóns de euros para a posta en marcha de medidas de impulso da economía e do emprego.

Estes fondos permitirían, tal e como adiantou onte o propio Pachi Vázquez, conceder 25.000 bolsas vencelladas a contratos de formación compatibles a outras axudas para garantir a incorporación dos mozos e mozas ao mercado laboral. Ademais, permitirían reservar 120 millóns de euros para a creación dun fondo de promoción do emprego no colectivo de mozos e mozas, persoas con especiais dificultades e para a economía social.

Finalmente, o Goberno galego podería dispor de 200 millóns de euros para funcionar como un verdadeiro axente de crédito público concedendo préstamos de ata 50.000 euros para pequenos emprendedores cun tipo de xuro simbólico.

Losada explicou que estes fondos adicionais de 250 millóns de euros poden ser recadados en parte de incrementar a recadación para “grupos importantes de poboación que contribuíron a provocar a crise pero non a padecen”. Así, propuxo o incremento do IRPF para os tramos mais altos, así como unha suba do imposto de patrimonio e de sucesións, que é “profundamente redistribuidor, malia o que diga o PP”.

Tamén propuxo o establecemento dun imposto á banca sobre os depósitos bancarios que non poida ser repercutido sobre os usuarios, tal e como xa fan Extremadura ou Andalucía, sobre os custes medioambientais e un Plan de Loita contra o Fraude Fiscal que funcione realmente a partir dun convenio asinado coa Axencia Tributaria.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar