Pachi Vázquez preguntará a Feijóo sobre o escuro horizonte do emprego en Galicia

Pachi Vázquez preguntará a Feijóo sobre o escuro horizonte do emprego en Galicia

Pachi Vázquez preguntará a Feijóo sobre o escuro horizonte do emprego en Galicia

O Portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Abel Losada, condenou, ao remate da Xunta de Portavoces, a decisión do Grupo Popular de exercer a súa maioría para evitar a comparecencia do Goberno no Pleno da Cámara. Unha situación que os populares queren dilatar ata o mes de febreiro.

Para os socialistas esta é unha proba máis de que o Executivo de Feijóo está caracterizado polo “continuísmo derrotista” e unha actitude “á defensiva”, afirma Losada. Recrimínalles que non comparezan para explicar as liñas de actuación, o que “confirma que non vai haber ningún cambio e se van seguir cometendo os mesmos erros”.

Preguntado polas denuncias dos reitores e as asociacións de médicos sobre os efectos dos recortes na calidade da Educación e a Sanidade públicas, Abel Losada salientou que asistimos a un “descontento social insoportable” provocado polas medidas económicas impulsadas por Rajoy e por Feijóo.

A política de recortes deprime a economía e afecta a todos os ámbitos, en especial aos servizos públicos esenciais, que son “dereitos irrenunciables” adquiridos pola propia condición de cidadán e que “non son fragmentables, nin por pasaporte nin por calquera outra condición”, recórdalles ao PP o portavoz socialista.

Para Losada o ataque sobre a Sanidade e a Educación públicas obedece non só a criterios de austeridade. Para o parlamentario do PSdeG-PSOE, “a dereita está a aproveitar a crise para implantar un modelo económico de baixos salarios”, en lugar de apostar por un modelo baseado na investigación e a innovación.

Neste sentido, Losada cualificou a Lei Orgánica de Modificación do Sistema Educativo de “retrógrada e protofranquista” e dixo que atentaba contra a educación pública. O parlamentario socialista afirmou que a dinamización económica e o equilibrio social “salta polos aires con esta lei”. Os socialistas solicitaron a comparecencia de Feijóo para coñecer a postura da Xunta, pero foi rexeitada pola maioría popular.

PREGUNTA A FEIJÓO SOBRE O DESEMPREGO E COMISIÓN DAS CAIXAS

Abel Losada anunciou que o Presidente do Grupo Socialista e Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, preguntará a Feijóo neste primeiro pleno da IX Lexislatura pola situación do paro en Galicia. Para os socialistas, aínda que “a Feijóo lle foi ben, a Galicia síguelle indo mal”. O desemprego segue a medrar na nosa comunidade e non existen espectativas de mellora nin para o 2013 nin para 2014. “Preséntase un horizonte moi escuro”, augurou.

O pleno debaterá tamén a proposta socialista de creación dunha Comisión de Investigación sobre o proceso de fusión das Caixas. “Non sen tempo”, apunta Losada, quen recordou que os socialistas insistiron desde fai máis dun ano na necesidade da transparencia como elemento fundamental para crear un clima de confianza no proceso. Este clima non se favoreceu e agora a entidade financeira atópase nunha situación límite, sen autonomía na toma de decisións sobre o seu futuro, nacionalizada con máis de 10.000 millóns de euros.

Os socialistas defenderán tamén unha proposición non lei sobre o “estrepitoso fracaso” do Igape, Instituto dependente do único departamento que cambia de conselleiro.

As Preferentes é a cuestión sobre á que interpelarán ao Goberno. Losada considera “fundamental evitar unha quita aos pequenos aforradores literalmente estafados”. Para o socialista, non poden ser estes os que paguen o proceso de reconversión do sector financeiro “ co que non teñen nada que ver”. Reclama o “apoio público e político da Xunta” para este colectivo e reprocha a Feijóo que non tivera unha palabra para os aforradores estafados diante do FROB e si para interesarse polas grandes fortunas”.

Os socialistas preguntarán tamén polo principio de acordo de prezos no sector lácteo , xa que ata o de agora só houbo manifestacións de “voluntarismo”, pero falta “compromiso político e orzamentos”.

A reforma xudicial tamén estará presente neste pleno a través dunha pregunta do Grupo Socialista. Losada denunciou a segmentación da sociedade entre aqueles que poden pagar o acceso a un servizo e os que non poden pagalo.

O portavoz socialista destacou tamén a aprobación da inclusión na Orde do Día das Iniciativas Lexislativas Populares de SOS Sanidade Pública e da Plataforma en defensa de Preescolar na Casa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar