Os socialistas preguntan "ata onde ten que chegar a situación da dársena de Espasante para adquirir a condición prioritaria"

Os socialistas preguntan "ata onde ten que chegar a situación da dársena de Espasante para adquirir a condición prioritaria"

Os socialistas preguntan “ata onde ten que chegar a situación da dársena de Espasante para adquirir a condición prioritaria”

A deputada socialista María Dolores Toja Suárez preguntou esta mañá o goberno galego “ata onde ten que chegar” a situación da dársena de Espasante para adquirir a condición de prioritaria”, criticando que non haxa “nin sequera unha estimación” da data nin do custo para solucionar este problema.

Nunha pregunta na Comisión de Pesca, Toja Suárez interesouse por saber cando vai executar a Xunta o proxecto de dragaxe, que foi presentado no ano 2013 pero continúa “sen data concreta e sen medios concretos” a pesar de atoparse nunha “situación grave que require medidas urxentes”.

Lembrou que a cantidade de area acumulada nesta dársena aumenta ano tras ano, supoñendo “un verdadeiro perigo para os barcos pesqueiros e lanchas de recreo”, que vense obrigados a “buscar refuxio” no porto de Cariño, situado a 25 quilómetros.

Unha decisión “obrigada” que implica un “custo económico e persoal” para os mariñeiros e mariscadores, que “non só ven aumentado o seu gasto en combustible e reducidas as súas ganancias, senón que tamén teñen máis difícil conciliar a vida laboral e familiar”.

A deputada socialista criticou que os populares se limiten a “escudarse na falta de medios”, sen facer nada por amplialos, deixando ós afectados e afectadas nun “limbo” e “rompendo as súas ilusións con falsas excusas” cada primavera.

 

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar