Os socialistas preguntan á Xunta se defende a "consagración relixiosa como modo de adquirir bens sen pasar polo rexistro"

Os socialistas preguntan á Xunta se defende a "consagración relixiosa como modo de adquirir bens sen pasar polo rexistro"

Os socialistas preguntan á Xunta se defende a “consagración relixiosa como modo de adquirir bens sen pasar polo rexistro”

A deputada socialista Patricia Vilán defendeu esta mañá no pleno unha interpelación ó goberno galego para coñecer cantos bens inmobles foron inmatriculados en Galicia a favor da Igrexa Católica dende 1998, ano no que José María Aznar modificou o Regulamento Hipotecario e a Lei Hipotecaria para permitir á Igrexa Católica inmatricular multitude de bens ao seu nome.

Ata ese momento os templos adicados ao culto católico quedaban fóra do rexistro por ser considerados bens de dominio público, que non se poden adquirir pola súa simple posesión e o paso do tempo, sendo necesario un título previo xustificativo da propiedade ou do dereito real.

“Grazas a esa reforma a Igrexa foi capaz de levar a cabo un dos maiores bochornos históricos en España, que foi inmatricular a Mezquita de Córdoba ó seu favor por trinta euros” sinalou Vilán, quen non obtivo respostas do Vicepresidente da Xunta, ó que acusou de “semellar ter que pedir permiso á Igrexa para contestar á interpelación”.

A deputada socialista pediu á Xunta que se posicione con respecto a este cambio xurídico, impulsado polo seu partido, que beneficia claramente á Igrexa, preguntándolle se considera que os templos adicados ao culto católico deben queda fóra do Rexistro da Propiedade e “se defende a consagración relixiosa como modo de adquirir a propiedade”.

Sinalou que o goberno galego é “máis retrógrado que os liberais, moderados e progresistas do século XVIII que foron protagonistas da desamortización”, pois “nun país no que as persoas temos que pagar os nosos impostos a Igrexa se lle permite apropiarse do que debería ser de tódolos cidadáns”.

 

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar