Os socialistas piden á Xunta que xestione a incorporación ao Sergas do novo fármaco contra a hepatite C, do que se beneficiarían 60.000 galegos

Os socialistas piden á Xunta que xestione a incorporación ao Sergas do novo fármaco contra a hepatite C, do que se beneficiarían 60.000 galegos

Os socialistas piden á Xunta que xestione a incorporación ao Sergas do novo fármaco contra a hepatite C, do que se beneficiarían 60.000 galegos

Os socialistas galegos demandarán cunha proposición non de lei que “a Xunta realice as xestións necesarias” para a incorporación do novo fármaco contra a hepatite C ao catálogo de medicamentos do sistema público de saúde.
A iniciativa foi presentada en rolda de prensa polos deputados Carmen Acuña e Pachi Vázquez, que compartirán a portavocía de Sanidade do grupo socialista na Cámara. “A hepatite C é unha enfermidade vírica, que afecta a 900.000 persoas en España, unhas 60.000 delas en Galicia, aínda que a metade poden non sabelo e unhas 30.000 están diagnosticadas”, afirmou Vázquez.
A hepatite C é a principal causa de cirrose e de cancro de fígado, sendo a responsable de aproximadamente dez mil mortes ao ano en España. Ata o de agora se trataba cunha combinación de medicamentos, Interferon e Ribavirina, que acadaban índices moi baixos de curación e que producían graves efectos secundarios, “pero recentemente prodúcese un grande avance científico co descubrimento dun fármaco, o Sofosbuvir, que está revolucionando o tratamento desta enfermidade con taxas de curación que superan o 90%”.
Este medicamento, aprobado pola Axencia Europea do Medicamento dende o mes de xaneiro, ten un altísimo prezo, máis de 60.000 euros, e esta é a causa pola que o Ministerio de Sanidade non o inclúe no catálogo de medicamentos do Sistema Nacional de Saúde.
“Esta situación, xunto ca gravidade de numerosos doentes afectados pola enfermidade, está a producir frustración e desesperación ante a lentitude e as dificultades para acceder a este tratamento nas mesmas condicións que o fan os doentes en países coma EEUU, Alemaña, Francia, Holanda, Suecia ou Dinamarca”, manifestou Vázquez.
O socialistas galegos solicitan polo tanto á Xunta que “se dirixa ao Goberno central e lle solicite a incorporación do Sofosbuvir no catálogo de medicamentos, ademais de facilitar á Comisión de Seguimento do Virus de Hepatite C, constituída no Servizo Galego de Saúde, os instrumentos necesarios para axilizar os tratamentos aos doentes afectados, especialmente aos terminais”.
Por último, demandan ao Goberno de Feijóo “que se dirixa ao Goberno central e lle inste a que España se incorpore ao grupo dos quince países europeos están a premer á industria farmacéutica para a redución dos prezos abusivos destes medicamentos”. Tamén solicitan aos colectivos de enfermos e familiares “que se asocien para facer un fronte común e defender o seu dereito a recibir o tratamento”.

Listas de espera
Na súa intervención, Pachi Vázquez fixo tamén unha referencia aos datos das listas de espera publicados pola Xunta: “Son unha mentira e unha crueldade, a Xunta ten que deixar de mentir por respecto aos milleiros de doentes que esperan desde hai moitos meses por unha operación”.
“Con mil sanitarios menos, o peche de 1.500 camas e as vacantes e xubilacións que quedan sen cubrir, que alguén me explique como é posible que melloren os datos das listas de espera; o que ten que facer a Xunta, repito, é deixar de mentir e mellorar a situación”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar