Os socialistas piden a evacuación inmediata de todos os pacientes inmunodeprimidos do hospital de Vigo tras falecer un posible afectado por Aspergillus

Os socialistas piden a evacuación inmediata de todos os pacientes inmunodeprimidos do hospital de Vigo tras falecer un posible afectado por Aspergillus

Os socialistas piden a evacuación inmediata de todos os pacientes inmunodeprimidos do novo Hospital de Vigo tras o falecemento dun posible afectado por Aspergillus nas instalacións, segundo lle trasladaron esta mesma tarde ao partido distintos profesionais sanitarios. Estes mesmos profesionais solicitan a evacuación do centro sanitario “por precaución”, xa que afirman que as análises realizadas no hospital detectaron este fungo, pese a que o Goberno galego non o confirme.

Coa máxima cautela e solicitando que hoxe mesmo haxa unha comparecencia desde o Goberno galego para aclarar este tema e informar sobre o estado real dos pacientes, os socialistas trasladan a súa preocupación porque “no hospital seguen a estar ingresados nestes momentos pacientes inmunodeprimidos”, polo que “deben tomarse medidas de forma inmediata para evitar un mal maior” e “ademais da evacuación, debe levarse a cabo un seguimento e vixianza das persoas que están ingresadas neste momento” no centro. Piden “que Feijóo se poña agora mesmo á fronte deste problema, que saia hoxe mesmo a dar información sobre o falecemento e solucione dunha vez por todas unha situación intolerable”.

Os socialistas trasladan asimesmo as súas condolencias aos familiares do paciente falecido e póñense á súa disposición e á dos profesionais do centro para todo o que sexa necesario.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar