Os socialistas piden a dimisión do director xeral de Administración Local da Xunta por “agochar” información sobre as contratacións con empresas e entidades de Ferrol

sestayoA deputada socialista Beatriz Sestayo denunciou hoxe de novo que a Xunta “mantén secuestrada” información sobre as contratacións do Goberno galego con empresas e entidades de Ferrol e esixiu a dimisión do director xeral de Administración Local, Alberto Pazos, ao negarse por terceira vez a dar información sobre este asunto en comisión.

Sestayo preguntou “que teñen que agochar” para “amordazar” á Cámara, incumprir o Regulamento do Parlamento e a propia Lei de Transparencia do goberno galego.

A deputada socialista apuntou como “evidente que queren agochar a información” e reclamou o amparo da Mesa do Parlamento logo de que o goberno incumprira a súa obriga de responder, reclamando ao director xeral de Administración Local “desculpas aos grupos parlamentarios e á propia Mesa do Parlamento”.

Así o dixo logo de que o alto cargo cualificara de “irrealizable” esta demanda de información, xa que, lembrou Sestayo, a Mesa do Parlamento ten entre as súas funcións a de cualificar as iniciativas parlamentarias, rexeitando as que son consideradas como “irrealizables”.

“Hai unha obstaculación evidente ao acceso á información, os socialistas queremos simplemente saber como se gastan os cartos públicos e vostede está incumprindo o regulamento da Cámara, o Estatuto de Autonomía e a Constitución Española”, engadiu Sestayo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar