Os socialistas piden a comparecencia urxente de Feijóo para explicar as subvencións concedidas a empresas de Dorribo

Os socialistas piden a comparecencia urxente de Feijóo para explicar as subvencións concedidas a empresas de Dorribo

Os socialistas piden a comparecencia urxente de Feijóo para explicar as subvencións concedidas a empresas de Dorribo


O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Abel Losada anunciou o rexistro na Cámara Autonómica da petición de comparecencia urxente do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo e do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra para dar conta dos expedientes e das subvencións ou calquera tipo de axuda concedida polo sector publico autonómico ao conxunto de sociedades controladas polo empresario Jorge Dorribo relacionadas coa Operación Campeón.

Losada tamén anunciou que solicita unha petición de documentación, pola que reclama a copia dos expedientes de subvencións ou calquera tipo de axuda concedidas polo sector publico autonómico ao conxunto de sociedades controladas polo empresario Jorge Dorribo. Explica que a suma concedida pola Xunta ascende a 4,5 millóns abonados, dos cales 1 millón esta pendente.

O dirixente socialista afirmou que “Feijoo ten que asumir as súas responsabilidades políticas diante de tódolos galegos, e non tentar manobras de distracción cara o Goberno do Estado”, insistiu.

O portavoz asevera que hoxe quedou demostrado que nin o Ministerio de Economía, nin o Ministerio de Sanidade “concederon nin un so euro ao grupo de empresas Nupel”. E lembra que o Goberno de Feijoo “mantén a dous altos cargos imputados da Operación Campeón na Administración Autonómica”, dos que un deles “é o responsable das políticas de promoción económica do Goberno da Xunta”, espetou.

Ademais Losada replica que o Grupo Parlamentario Socialista solicitou en numerosas ocasións a comparecencia parlamentaria do Conselleiro de Economía e Industria para dar explicacións sobre este tema, e denuncia que foi rexeitada “pola Xunta e polo Partido Popular”.

Así as cousas Abel Losada afirma que “xa é o momento de que Alberto Núñez Feijoo abandone o escapismo político e dea explicacións das irregularidades existentes co grupo de empresas Nupel”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar