Os socialistas obrigan a devolver o orzamento do Parlamento para 2015

Os socialistas obrigan a devolver o orzamento do Parlamento para 2015

Os socialistas obrigan a devolver o orzamento do Parlamento para 2015

ParlamentoAs integrantes da Mesa do Parlamento do Grupo do PSdeG esixen que se inclúa a partida correspondente á paga extra retida aos funcionarios en decembro de 2012 nos orzamentos e paralizan a tramitación das contas da Cámara.

As dúas deputadas socialistas integrantes da Mesa do Parlamento, Marisol Soneira e Concepción Burgo, forzaron hoxe á devolución dos orzamentos da Cámara por obviar a devolución da paga extra aos funcionarios retida dende decembro de 2012 aos funcionarios e funcionarias da Cámara mentres manteñen o presuposto nos asesores persoais da presidenta.

A vicepresidenta segunda e a vicesecretaria da Mesa do Parlamento obrigaron a devolver as contas para incluír a partida orzamentaria correspondente á devolución da paga extra dos funcionarios da Cámara. Explicaron que o seu voto na próxima Mesa do Parlamento que debata os orzamentos da Cámara dependerá da inclusión desta partida.

Os socialistas galegos obrigaron a reiniciar a tramitación dos orzamentos da Cámara, que supoñen un importe global de 16,3 millóns de euros, ao contar hoxe coa maioría dos votos na Mesa do Parlamento, xa que non acudiron a presidenta nin o secretario da Cámara.

Critican que a presidenta do Parlamento non teña convocado a día de hoxe un encontro coa Xunta de Persoal da institución para demostrar un compromiso real coa devolución da dita paga extra mentres mantén un orzamento de 362.250 euros para 8 cargos de confianza do seu gabinete.

Valedor interino

As responsables socialistas argumentaron a súa posición ademais polo mantemento do actual Valedor do Pobo, que ten o seu orzamento ligado ao da Cámara, en situación de interinidade e coas prazas de vicevaledores vacantes dende a dimisión de Benigno López en maio de 2012.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar