Os socialistas manifestan a súa concordancia coas recomendacións do informe do fiscal superior e reclaman maiores medios contra a corrupción, e a defensa dos intereses colectivos

Os socialistas manifestan a súa concordancia coas recomendacións do informe do fiscal superior e reclaman maiores medios contra a corrupción, e a defensa dos intereses colectivos

Os socialistas manifestan a súa concordancia coas recomendacións do informe do fiscal superior e reclaman maiores medios contra a corrupción, e a defensa dos intereses colectivos

Beatriz Sestayo, portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, censurou que os recortes e o taxazo estean a afectar sobre a tutela cidadá efectiva, rexeitou a reforma xudicial baseada nunha reorganización provincial e criticou que o xeito de lexislar do PP recorde a tempos en que os dereitos e liberdades estaban bastante cuestionados

Comparte co Fiscal Superior de Galicia a preocupación por como afecta o “desmantelamento social” á protección do menor e pola falta de concienciación da mocidade sobre a violencia de xénero

A portavoz de Xustiza, Beatriz Sestayo, manifestou a coincidencia do Grupo Socialista co informe, relativo ao exercicio de 2012, do Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, presentado hoxe en comisión parlamentaria. Salientou a deputada a correspondencia do mesmo cos tempos de convulsión cidadán nunha situación de crise e destacou o marcado carácter social que imprimiu ao informe a fiscalía.

A deputada trasladou ao Fiscal Superior que os socialistas comparten a súa preocupación pola corrupción, e recordou tanto as numerosas iniciativas impulsadas polos seu grupo parlamentario, mesmo na comisión parlamentaria “que o PP ten paralizado e que seguimos instando a que continúe”.

Valorou Sestayo a relevancia que Carlos Varela dou no seu informe aos delitos contra intereses colectivos e ofreceu a colaboración do seu grupo para buscar os instrumentos necesarios para a defensa dos intereses colectivos. Lamentou Sestayo que se considerara carente de lexitimidade ao ministerio fiscal no caso da demanda colectiva. Tamén comparte Sestayo con Varela a opinión de que a lexislación de consumidores e usuarios é escasa e as vías da lei de axuizamento civil, nestas novas forma s de defensa de intereses comúns e de intereses da cidadanía “quedan claramente mermados”.

A socialista chamou a atención sobre as cuestións que afectan aos menores. Sestayo denunciou a escaseza de medios nos servizos sociais para evitar que o menor chegue á vía xudicial. A crise, dixo, “está incidindo na cuestión social” a tal punto que concellos como o de Ferrol non teñen ningún educador social dentro dos servizos sociais básicos. Sestayo denunciou que se está a producir un “desmantelamento social que como consecuencia fai imposible realizar unha labor de prevención” nunha idades complicadas.

Tamén quixo compartir co Fiscal Superior as enquisas que dan a coñecer a falta de concienciación da mocidade sobre a violencia de xénero, sobre a desigualdade. “Mozas de entre 15 e 17 anos que consideran normal que as súas parellas lles digan como teñen que vestir e poidan mirar o seu móbil”, resumiu.

Outro asunto que puxo sobre a mesa a deputada socialista foron as consecuencias do chamado “taxazo” xudicial. Para a socialista, falando de recortes o taxazo xudicial impón recortes aos cidadáns para o seu acceso á tutela cidadá efectiva.

No relativo á reforma da planta xudicial, Sestayo afirmou concordar co expresado por Carlos Varela na necesaria reorganización que “non pasa esa organización baseada exclusivamente nas capitais de provincia”, porque afasta á cidadanía da Xustiza, un servizo público esencial. Galicia ten peculiaridades propias e fala o Estatuto contempla unha autoreorganización territorial, polo que, propuxo Sestayo, debemos ter un “posicionamento propio sobre o modelo xudicial galego que dea respostas á cidadanía”, defendeu Beatriz Sestayo.

Finalmente a deputada socialista convidou ao Fiscal a emitir opinión sobre o anteproxecto de lei de Seguridade Cidadá. Para Sestayo este texto lexislativo, “fainos retroceder a momentos en que os dereitos e liberdades estaban bastante cuestionados”.

Cando debéramos avanzar democracia en control da corrupción dos poderes públicos, na limitación do poder, “parece que se vai lexislando nun modelo diferente, en que o que o que se limitan son os dereitos cidadáns, algo co que estamos totalmente en contra”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar