Os socialistas levarán o informe de bioética que cuestiona a mercantilización da sanidade pública

Os socialistas levarán o informe de bioética que cuestiona a mercantilización da sanidade pública

Os socialistas levarán o informe de bioética que cuestiona a mercantilización da sanidade pública

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, anunciou hoxe que levará o informe da Comisión de Bioética sobre os recortes na sanidade á sesión de control ao presidente do próximo Pleno. Así o confirmou logo da Xunta de Portavoces do Parlamento que fixou a orde do día da sesión plenaria da próxima semana.

Méndez Romeu preguntaralle ao presidente da Xunta pola situación derivada da elaboración do dito informe que demostrou que a conselleira utiliza a sanidade pública “como o seu coto privado” e as graves consecuencias da mercantilización do sistema sanitario por parte de Feijóo.

Represión, censura e desprezo aos profesionais son só algunhas das cualidades que deixou ver a conselleira de sanidade “todo porque os profesionais atrevéronse a poñer negro sobre branco o que é un clamor”. Aludiu así á “alteración do concepto de dereito universal e gratuíto da sanidade” por parte de Feijóo, que o substituíu polo de servizo susceptible de mercantilización.

O responsable socialista criticou que o PP rexeitara hoxe as dúas solicitudes de comparecencia do presidente, para dar conta do erro na estimación do goberno galego no crecemento da economía galega –creceu á metade do que esperaba a Xunta- e para dar conta das novas revelacións coñecidas sobre a Operación Zeta de reparto ilegal de fondos públicos do goberno galego.

Méndez Romeu lamentou que Feijóo leva seis anos sen aceptar unha soa comparecencia solicitada pola oposición, por moito que o vicepresidente da Xunta diga que “sempre” contesta. Dixo que Feijóo utiliza as sesións de control “para repreguntarlle á oposición”, nunha actitude que “non é moi seria”.

Empregou a cita do propio Feijóo a Ortega e Gasset en alusión á vella e a nova política para lembrarlle que o PP representa en Galicia “o clientelismo e o caciquismo, o engano e a confusión que fustigaba Ortega”. Dixo que aquela vella política, a que se facía “dende o púlpito”, é a que representa hoxe o PP, en alusión á intervención de Louzán esta fin de semana literalmente dende o púlpito da Igrexa de Bamio –Vilagarcía-.

Fuxitivo

Méndez Romeu declarou hoxe a Feijóo “fuxitivo da súa responsabilidade que busca acougo en Madrid”, logo de ser preguntado sobre a posible marcha do presidente galego en 2016. Sinalou que leva “dous anos de goberno ausente, mesmo fisicamente e na tarefa de xestión do goberno”.

Lamentou un “final tan triste” da lexislatura en Galicia que, cando aínda quedan dous anos para o remate do prazo electoral, xa se demostra “esgotada dende o punto de vista político e sen iniciativa nin proxecto” dende o goberno galego.

Esta segunda lexislatura de Feijóo é, dixo, a crónica dun “tempo perdido” no que os consellos de goberno carecen de contido e a produción lexislativa convértese no “manto de Penélope” que o goberno “tece e destece malia que carece de contido nin efectos”, en alusión á autoemenda do PP contra a Lei de Estradas presentada polo goberno hai ano e medio.

Iniciativas

O próximo Pleno incluirá dúas mocións do PSdeG sobre as propostas presentadas ao goberno central para incluír no decreto do denominado “paquete lácteo2, e sobre a política de persoal na xestión pública da discapacidade. Incluirá ademais dúas proposicións non de Lei sobre o convenio marco dos servizos contra incendios e sobre a proposta da Xunta ao sector do cerco.

Os socialistas interpelarán ao goberno sobre as políticas de protección e defensa da lingua galega e sobre as axudas europeas ao Plan Juncker de estímulo da economía. As preguntas centraranse no uso do coche oficial dos altos cargos da Xunta pra facer campaña electoral na Costa da Morte e sobre o desmantelamento progresivo da residencia de tempo libre de O Carballiño.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar