Os socialistas levarán aos tribunais o pago polos comedores escolares

Os socialistas levarán aos tribunais o pago polos comedores escolares

Os socialistas levarán aos tribunais o pago polos comedores escolares

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, anunciou que os socialistas recurrirán nos tribunais o copago dos comedores escolares anunciado por Feijóo no caso de aplicalo en contra da LOE e da Constitución. Así o dixo na sesión de control do Parlamento ao presidente da Xunta, na que advertiu que este sistema podería obrigar a pagar o comedor escolar tamén ás familias galegas que cobren por debaixo do salario mínimo.

Pachi Vázquez acusou ao presidente da Xunta de ter decidido a medida “mais inxusta e regresiva” logo de ter negado na campaña electoral o pago polos comedores escolares. Acusouno de “plantexar agora que as familias mais asfixiadas economicamente teñan que pagar os comedores no momento mais difícil”.

Advertiu que os socialistas recurrirán o cobro polos comedores escolares no caso de seguir adiante con esta decisión en contra do estipulado na Lei Orgánica de Educación, que determina que os alumnos que teñan que desprazarse de concello para ir á escola deben ter o servizo de comedor gratuíto. Dixo que “como obriguen aos nenos rurais a non poder comer se atoparán de fronte co PSdeG”.

Vázquez lembrou que, de acordo coa Constitución, o ensino básico é “obrigatorio e gratuíto”, mentres que a LOE determina que os alumnos que teñan que ir á escola fora do municipio deben ter comedor e transporte gratuítos.

O líder dos socialistas galegos reclamoulle a Feijóo que “cumpra a Lei, menos OPUS e mais pública”, e esixiu que a Xunta anule os concertos con escolas que segreguen por sexo para destinalo aos comedores escolares. Lembrou que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de decretar ilegais estes concertos.

Explicou que os 3 millóns de euros destinados ás escolas que segregan, unido aos 8 millóns de euros que está previsto recadar polo incremento do imposto aos grandes patrimonios suman 11 millóns de euros anuais, moi por riba da recadación prevista polo copago nos comedores escolares, que mesmo poderían chegar aos 25 millóns de euros subindo os impostos ás rendas mais altas.

Salario mínimo

O líder socialista puntualizou que a Xunta condenará a pagar 100 euros por comedor escolar a 20.000 familias galegas mais das que pagaban ata agora, e explicou que a súa proposta de que paguen as rendas que superen os 7.000 euros por persoa e ano supón que paguen os salarios de 583 euros ao mes, por debaixo do salario mínimo de 645 euros, tal e como recolleron os medios de comunicación.

Vázquez criticou que ao PP “non lle trema a man para impoñer unha taxa a quen cobra menos que o salario mínimo”. Lamentou que, pola contra, se teña negado a subir os impostos ás rendas mais altas ou a aplicar un imposto sobre os depósitos bancarios, malia que agora o Goberno central fará que as comunidades autónomas teñan que compensar a aquelas que si o aplicaron.

Salientou as mentiras do presidente da Xunta, que aplicará esta medida logo de comprometerse a manter os comedores escolares gratuítos, tal e como dixo que ninguén pagaría os libros de texto para a continuación retirarlle os libros gratuítos a 80.000 familias, así como aumentaron o IVE do material escolar do 4 ao 21 por cento en contra das súas promesas.

Constitución Española
Art. 28.4
“O ensino básico é obrigatorio e gratuíto”.

Lei Orgánica de Educación
Art. 82. Igualdade de oportunidades no mundo rural.
“1. As administracións educativas terán en conta o carácter particular da escola rural a fin de proporcionar os medios e sistemas organizativos necesarios para atender ás súas necesidades específicas e garantir a igualdade de oportunidades.

2. Sen prexuízo do disposto no apartado 3 do artigo anterior, no ensino básico, naquelas zonas rurais nas que se considere aconsellable, se poderá escolarizar aos nenos nun concello próximo ao da súa residencia para garantir a calidade o ensino. Neste suposto as administracións educativas prestarán de forma gratuíta os servizos escolares de transporte e, no seu caso, comedor e internado”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar