Levarán ao Parlamento "os problemas dos galegos e das galegas" porque "das mentiras e da estratosfera xa se encarga Feijóo"

Levarán ao Parlamento "os problemas dos galegos e das galegas" porque "das mentiras e da estratosfera xa se encarga Feijóo"

Levarán ao Parlamento "os problemas dos galegos e das galegas" porque "das mentiras e da estratosfera xa se encarga Feijóo"

A parlamentaria socialista e coordinadora da Área de Economía da Executiva do PSdeG-PSOE, Carmen Gallego, anunciou que os socialistas galegos levarán ao Parlamento “os problemas reais dos galegos e das galegas”. Adiantou que as primeiras iniciativas estarán centradas no desemprego e o paro xuvenil porque “da estratosfera e dos enganos xa se encarga Feijóo”.

Gallego lembrou que Galicia conta actualmente con 267.812 persoas no paro, e hai 79.500 fogares con tódolos seus membros desempregados, e lembrou que durante a pasada lexislatura a xestión de Feijóo fixo que o desemprego medrara en Galicia un 62 por cento, fronte ao 44 por cento que creceu no Estado.

Sinalou que estes datos deberan ser razón suficiente para que Feijóo cambiara o rumbo da súa política económica, xa que o camiño dos recortes drásticos “só provocan mais exclusión social, mais paro, mais pobreza e o deterioro dos servizos públicos”. Alertou que coa política económica imposta polo PP de Feijóo e Rajoy “vamos camiño de que uns poucos o teñan todo e a maioría non teña nada”.

A responsable socialista anunciou que logo de ter constituído o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, foi presentada a solicitude de comparecencia do presidente da Xunta “para dar conta do seu papel no proceso de fusión que acabou coas caixas galegas”. Os socialistas presentaron hoxe tamén a solicitude de creación da Comisión de Investigación sobre a desaparición da caixa galega e as indemnizacións millonarias.

Gallego criticou o “cinismo político” amosado polo PP ao rexistrar unha solicitude neste sentido logo de ter rexeitado a iniciativa dos socialistas durante un ano e de agochar a auditoría de KPMG que supostamente avalaba a fusión. A parlamentaria socialista advertiu que a xestión do sistema financeiro galego foi “un dos grandes fracaso de Feijóo” durante a pasada lexislatura.

Neste sentido, aludiu ás protestas dos empresarios por ter investido na entidade galega, e pediulles que sexan “mais explícitos e expliquen quén os estafoou supostamente”. Sinalou que “non vaia ser que Feijóo teña a tentación de arranxar os problemas dos empresarios antes que os dos estafados polas participacións preferentes e as subordinadas”, logo de que “confesara que coñecía o que pasaba pero calou”.

Salientou tamén que fronte á política económica errada do PP, os alcaldes socialistas teñan acordado onte xeneralizar o apoio ás persoas afectadas polos desafiuzamentos, para tentar de frear estas actuacións polas que “moitas familias estano pasando mal” enfrontándose á perda da súa vivenda.

Balance

A responsable socialista dixo hoxe tamén que o primeiro ano de goberno de Rajoy deixa un “balance devastador” para os traballadores mentres resulta “mais proveitoso para os que defraudan”. Neste sentido, explicou que a conclusión para todo o Estado e tamén para Galicia é “mais paro, mais pobreza e amnistía fiscal para os defraudadores”.

Salientou que durante este ano “evidenciouse que nin Rajoy nin Feijóo apostan en serio por Galicia” xa que “pintan uns orzamentos que logo non se materializan” mentres abandonan completamente o impulso do emprego asestan “o maior machadazo da historia da democracia contra as prestacións por desemprego”.

Solicitude de Comisión de Investigación

Solicitude de comparecencia

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar