Os socialistas levarán a toda España a campaña do PSdeG ‘Que non nos toquen a lei!’ para esixirlle ao PP “que non modifique a lei do aborto”

Cartel CampañaOs socialistas de toda España farán súa a campaña do PSdeG e de Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) que, baixo o lema Que non nos toquen a lei!, esixe ao Partido Popular “que non modifique a actual lei do aborto” e respecte os dereitos das mulleres.

Tras coñecerse hoxe a intención do PP de reformar a lei, a secretaria de Igualdade do PSdeG, Eva Martínez, afirma que “o artigo 13 da actual normativa do aborto defende o dereito á maternidade e á saúde sexual das mulleres de 16 e 17 anos, non é certo que facilite que se fagan as cousas de costas aos pais”. O PSdeG apoia a actual lei de prazos, posta en marcha polo goberno de Zapatero.

“A saúde sexual debe iniciarse desde a idade escolar, desde os centros educativos, con campañas formativas para os nenos e nenas que lles corresponderían ás administracións, lexislar doutra maneira é non entender a realidade”, sostén a secretaria de Igualdade dos socialistas galegos.

“Co cambio da lei só estarán satisfeitos os estamentos máis retrógrados da sociedade española, non din a verdade para xustificar un cambio lexislativo propio da dereita”, engade Martínez.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar