Levan ao Parlamento o rexeitamento do acordo de Pesca con Mauritania

Levan ao Parlamento o rexeitamento do acordo de Pesca con Mauritania

Levan ao Parlamento o rexeitamento do acordo de Pesca con Mauritania

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, ven de presentar unha proposición non de Lei na que rexeita a negociación pechada entre a UE e Mauritania sobre a renovación co acordo de pesca co país africano. Soneira lembra que esta negociación condena a desaparecer a 360 traballadores da flota cefalopodeira galega.

 

A responsable socialista insta así á Xunta a dirixirse ao Goberno Central, a UE e o Parlamento Europeo para rexeitar a renovación acordada entre a Comisaria Damanaki e Mauritania. Reclama así “novas negociacións a fin de acadar un acordo de pesca que teña en conta a realidade económica, social, laboral e medioambiental actuais “sen apriorismos e baseado en datos reais e non concepcións alleas á realidade pesqueira e política”.

 

Ademais, esixe que, no canto non se acaden estes obxectivos, se deseñen “medidas de axuda para as empresas e os traballadores afectados pola paralización da flota europea que viña faenando no caladoiro de Mauritania”. Nesta flota inclúense as 24 unidades de pesqueiros galegos que a UE ven de condenar a desaparecer “xunto coas empresas armadoras, preto de 360 traballadores directos e milleiros indirectos.

 

Advirte que a “calamitosa negociación” entre a UE e Mauritania ven de “certificar a desaparición da flota cefalopodeira galega, previamente expulsada de Marrocos noutra negociación pésima que supuxo a redución das 240 unidades que faenaban nos anos setenta ás 75 de 1999”. Agora teñen que enfrontarse a unhas condicións que fan “imposible a súa permanencia en augas mauritanas”.

 

Soneira sinala que a conclusión desta negociación supón “pagar moito mais por moita menos capacidade de pesca, multiplicar por tres ou catro as licencias dos buques autorizados, reducir o período de acordo de  seis a dous anos, reducir a área de pesca en mais dun 40 por cento, incrementar o 60 por cento as tripulacións nativas, ou desembarcos do cen por cen na propia Mauritania”.

 

Sinala que esta negociación constitúe “un dos maiores fiascos negociadores da historia dos acordos pesqueiros da UE, que responde mais a intereses alleos á pesca que á consecución de caladoiros para as empresas e os traballadores do mar europeos” e que no caso concreto de Galicia “significa a eliminación total da presenza galega nese caladoiro”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar