Os socialistas levan ao Parlamento o "esperpento" da última viaxe de Feijóo a Londres

Os socialistas levan ao Parlamento o "esperpento" da última viaxe de Feijóo a Londres

Os socialistas levan ao Parlamento o "esperpento" da última viaxe de Feijóo a Londres

A portavoz de Emigración do Grupo Socialista, Marisol Soneira, cualificou hoxe de “esperpento” a última viaxe a Londres do presidente da Xunta. Así o dixo na comparecencia do director xeral de Relacións Exteriores da Xunta en Comisión parlamentaria para dar conta da axenda e resultados das viaxes institucionais e “tomarnos o pelo” ao servir “como coartada para evitar a comparecencia de Feijóo no Pleno do Parlamento”.

A responsable socialista dixo que a viaxe a Londres da pasada fin de semana puxo “a guinda” ao cúmulo de despropósitos que constitúe a axenda exterior da Xunta de Galicia. O presidente da Xunta marchouse dun acto no Centro Galego na capital británica sen tomar a palabra logo dos abucheos e protestas dos asistentes, o que non impediu que a Xunta emitira un comunicado de prensa co discurso que nunca pronunciou.

Criticou que a Xunta “di que o presidente da Xunta falou e refire exactamente o que dixo”, seguindo “o esperpento do franquismo, onde se recomendaba á cidadanía ler mais publicidade oficial e viaxar menos”. Advertiu que con estas actuacións “en base a qué temos que crer que o que di a Xunta é verdade”, máxime cando as viaxes ao exterior fanse “sen testemuñas dos medios de comunicación” coa coartada da austeridade.

Soneira censurou a falla absoluta de información do presidente da Xunta sobre as súas viaxes e as dos membros do seu goberno, rompendo coa norma non escrita de comparecer na Cámara autonómica para dar conta da axenda e resultados das visitas. Dixo que “algunhas viaxes primeiro decídese a onde ir e despois enchen a axenda para darlle visos de viaxe oficial”.

Denunciou que o goberno galego está a converter a axenda exterior en “algo politicamente infumable” convocando comparecencias periódicas do director xeral para cubrir o expediente e evitar as explicacións ao mais alto nivel.

Grazas a esa estratexia hoxe non sabemos a qué foi Feijóo a Londres, a México ou a Cuba, mentres o secretario da Emigración, Rodríguez Miranda, “dedícase a viaxar mentres conta co orzamento mais miserable e a política de emigración mais restritiva dende Albor”. Apuntou a “outros membros do goberno” que “van arranxas os seus asuntos particulares e pechar contactos económicos que veremos no futuro o rédito que lles dan”.

Advertiu que o goberno galego vetou unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para impedir consensuar e dar conta das liñas mestras da axenda exterior do goberno galego, que hoxe “non existe”.

As únicas xestións derivadas destas viaxes, sinalou, foron venderlle a tecnoloxía galega a Pemex en México ou facer anuncios “patéticos” de vender leite en polvo a Cuba do que “nunca mais se soubo” e deixan pasar a oportunidade turística da apertura da illa caribeña, botando por terra tódolos lazos históricos e culturais que ten Galicia con ela.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar