Os socialistas levan ao Parlamento a suposta violación dos dereitos humanos en Guatemala polo empresario galego Castro Valdivia

Os socialistas levan ao Parlamento a suposta violación dos dereitos humanos en Guatemala polo empresario galego Castro Valdivia

Os socialistas levan ao Parlamento a suposta violación dos dereitos humanos en Guatemala polo empresario galego Castro Valdivia

A portavoz de Políticas Sociais e Cooperación do Grupo Socialista, Carmen Gallego, anunciou a presentación dunha batería de preguntas á Xunta pola suposta actuación do empresario galego Castro Valdivia vulnerando os dereitos humanos nas súas explotacións hidroeléctricas en Guatemala.

Así o dixo logo de manter un encontro, no que tamén participou a portavoz de Igualdade, Carmen Acuña, coas representantes da Confluencia Nuevo Baqtun de Guatemala Natalia Atz Sunuc e Paula Irene del Cid Vargas, que viaxaron a Galicia dentro dunha xira pola UE para denunciar a situación das mulleres e movementos indixenistas provocada polo espolio dos recursos enerxéticos por parte de empresas foráneas.

As representantes guatemaltecas denunciaron que entre estas empresas atópase o empresario galego imputado por tráfico de influenzas pola fiscalía do TSXG xunto co seu cuñado, ex director xeral de Industria durante o goberno do PP, Ramón Ordás Badía. Por este motivo esíxenlle á Xunta que explique si o empresario recibiu financiamento do goberno galego para investir noutros países, en concreto en Guatemala.

Tamén preguntarán si o Goberno galego coñece destas denuncias e si fixo as xestións oportunas derivadas desta situación, e esixiránlle ao goberno de Feijóo que se posicione sobre a actitude do empresario imputado. Gallego reclamaralle á Xunta que diga “si considera que as actuacións de Castro Valdivia axudan a situar en boa posición á Marca Galicia que tanto din defender”.

Carmen Gallego tamén preguntará polas posibles liñas de axuda do goberno galego á defensa dos dereitos humanos e ao fortalecemento da democracia en Guatemala a través da cooperación ao desenvolvemento.

Explotación

As deputadas socialistas comprometeron o seu apoio político ás representantes guatemaltecas fronte á explotación pro parte de empresas transnacionais que “non respectan a propiedade privada nin os dereitos humanos”.

Salientaron os graves problemas aos que se enfronta a poboación deste país, cun índice de pobreza do 85 por cento e de pobreza extrema do 15 por cento. Esta situación chega ao extremo, sinalan, de que o ataque ás mulleres é utilizado impunemente como “medida de presión” polo empresariado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar