Os socialistas levan ao Parlamento a esixencia á Xunta dun decreto que declare Galicia libre de fracking

Os socialistas levan ao Parlamento a esixencia á Xunta dun decreto que declare Galicia libre de fracking

Os socialistas levan ao Parlamento a esixencia á Xunta dun decreto que declare Galicia libre de fracking

O parlamentario compostelán, Luis Toxo Ramallo, ven de presentar unha proposición non de lei do Grupo Socialista ante o Parlamento de Galicia pola que se insta á Xunta a promulgar un decreto que declare Galicia como Comunidade Autónoma libre de fracking, prohibindo o uso desta técnica en todo o territorio galego, para calquera uso, e sen excepción.

A iniciativa recolle tamén a petición de cesar inmediatamente calquera diálogo ou trámite actualmente en marcha, de habelo, conducente á posta en práctica desta técnica.

O fracking é unha técnica destinada á extracción de gas (shale gas) en xacementos con difícil acceso. Consiste na inxección a gran presión de auga, area e produtos químicos no subsolo rochoso. A súa aplicación polo momento está circunscrita aos EUA (Estados Unidos de América), pero valórase a súa implantación en Europa.

Recentemente, comezan a acumularse as evidencias que poñen en cuestión tanto as bondades da técnica do fracking, como a suposta vantaxe competitiva do gas obtido a partir dela. Sen ir máis lonxe, o xullo pasado Francia aprobou unha lei pola cal se prohibe este sistema en todos os seus usos (investigación e extracción), revocáronse os permisos das empresas que podían utilizala (entre elas Total, Vermilion Energy Inc., Toreador Resources Corp., ou Schuepbach Energy LLC). O incumprimento desta norma conduce mesmo a penas de prisión.

Cada vez son máis os estudos científicos que falan do impacto negativo do fracking no medio ambiente e na saúde das persoas. Afirman que a explotación do shale gas con esta técnica pode emitir máis gases de efecto invernadoiro que o carbón, pois durante o proceso libérase gas metano á atmosfera e ao subsolo –abondo máis prexudicial que o CO2.

Mesmo un informe do Comité de Servizos Financeiros da Cámara de Representantes dos EUA indica que, na aplicación desta técnica, se utilizan substancias altamente tóxicas e perigosas para a saúde como o benceno e o chumbo; asumindo como posible o risco de que chegasen a acuíferos e/ou alterasen profundamente o equilibrio ecolóxico, coas conseguintes consecuencias para as condicións da vida no medio ambiente.

Corroboran e complementan estes informes os feitos polos entes gobernamentais norteamericanos, U.S. Army e U.S. Geological Survey, que levan anos desenvolvendo investigacións sobre a hipótese dunha relación causal positiva entre a técnica do fracking e o aumento da actividade sísmica.

O parlamentario socialista considera que estes argumentos serían suficientes para acadar o consenso dos grupos da cámara sobre esta iniciativa. Ademais, parece moi probable que o gas non estea entre as alternativas enerxéticas do medio e longo prazo.

Para Toxo, “a riqueza de Galicia noutras fontes enerxéticas renovables, e a posible reorientación dos nosos sectores produtivos básicos nesa mesma dirección, parecen ser argumentos abondo sólidos como para descartar razoablemente o investimento de tempo e de recursos noutras vías de obtención de enerxía con máis alto risco”. Máxime se, entre as posiblidades de risco, está a afectación dos recursos naturais galegos utilizados en sectores económcios estrtéxicos (agricultura e gandería, montes e silvicultura, turismo ecolóxico ou natural).

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar