Os socialistas lémbranlle a Ana Pastor que “ela mesma firmou un decreto que establece compensacións para Audasa” polas bonificacións nas peaxes

Os socialistas lémbranlle a Ana Pastor que “ela mesma firmou un decreto que establece compensacións para Audasa” polas bonificacións nas peaxes

Os socialistas lémbranlle a Ana Pastor que “ela mesma firmou un decreto que establece compensacións para Audasa” polas bonificacións nas peaxes

A viceportavoz dos socialistas galegos no Parlamento, Carmen Gallego, lembroulle hoxe á ministra de Fomento, Ana Pastor, que ela mesma firmou un decreto en febreiro de 2013 “que establece, nas súas cláusulas, compensacións para Audasa polos menores ingresos obtidos pola concesionaria como consecuencia das bonificacións”.

Audasa. AutoestradaOs socialistas dan resposta desta maneira ás declaracións de Pastor, que onte no Congreso dos Deputados afirmou que foi “a primeira en rebaixar as peaxes na AP-9 a cambio de nada”. “A ministra minte cando afirma iso, como poden ver todos os galegos no decreto que publicou o BOE o 8 de febreiro de 2013”.

O PSdeG apunta que foi o PP, cando José María Aznar era presidente do Goberno, o que no ano 2000 prorrogou a concesión da AP-9 polo máximo tempo posible que lles permitía a lei, ata o ano 2048. Tamén naquel momento modificaron a lexislación para despois privatizar a vía de comunicación.

A privatización da Empresa Nacional de Autopistas (ENA) chegou no ano 2002, cando tanto Ana Pastor como Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo formaban parte do Goberno central. “Os socialistas demandamos que a Xunta de Galicia asuma a titularidade da AP-9”, manifesta Gallego.

“É a gran vía de comunicación de Galicia que une Ferrol e Tui, a Xunta pode asumir a súa titularidade aínda que forme parte da Rede Europea de Transportes; a autoestrada está máis que amortizada e polo tanto queremos que volva a ser pública, como era antes da chegada á presidencia do Goberno de Aznar”, engade a viceportavoz socialista.

O grupo do PSdeG na Cámara presentou no mes de agosto varias iniciativas nas que reclaman rebaixas nas peaxes da AP-9, sobre todo para mellorar a difícil situación que atravesa o sector do transporte de mercadorías por estrada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar