Os socialistas lembran que máis de 5.000 familias galegas perderon a súa vivenda en dous anos “e o orzamento das axudas para o aluguer pasou de 11 a 4 millóns desde 2011”

Os socialistas lembran que máis de 5.000 familias galegas perderon a súa vivenda en dous anos “e o orzamento das axudas para o aluguer pasou de 11 a 4 millóns desde 2011”

Os socialistas lembran que máis de 5.000 familias galegas perderon a súa vivenda en dous anos “e o orzamento das axudas para o aluguer pasou de 11 a 4 millóns desde 2011”

BugalloO portavoz de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Vivenda do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, denunciou hoxe o “absoluto desinterese” da Xunta do PP pola promoción da vivenda de aluguer e de promoción pública, mentres a “traxedia social dos desafiuzamentos” continúa.
En resposta a unha comparecencia da conselleira Ethel Vázquez para falar do Plan rehaVita 2015-2020, Bugallo lembrou que 439 familias perderon a súa vivenda en Galicia só entre xuño e setembro de 2014, seis máis que no mesmo trimestre de 2013. A cifra de desafiuzamentos supera os 5.000 casos entre 2013 e 2014, “das que foron realoxadas pola Xunta 43 familias”.
“Mentres pasa isto, entre 2011 e 2014 o orzamento da Xunta para axudas de aluguer pasou de 11 a 4 millóns de euros, ao que hai que engadir que a vivenda pública en réxime de aluguer só supón o 0,2% do total de vivendas ocupadas, fronte ao porcentaxe do 50% que hai en cidades como Viena”, afirmou o socialista.
Bugallo manifestou que “entre xaneiro e setembro de 2014, construíronse 11.965 vivendas de promoción pública en toda España, pero só 42 en Galicia”, onde a lista de espera co actual ritmo de edificación sería de 34 anos. Segundo os datos oficiais, o número de familias inscritas no rexistro da Xunta como demandantes dunha vivenda protexida, a 26 de xaneiro, é de 15.226.
O socialista engadiu ademais na súa comparecencia que dos 671 millóns de euros orzamentados pola Xunta en materia de vivenda desde a chegada de Feijóo, quedaron 285 sen executar.
O representante do PSdeG falou tamén da sinatura en setembro de 2014 do Plan Vivenda 2013-2016, “con 21 meses de retraso e acadando a Xunta para Galicia 46 euros por habitante, fronte aos 57 euros de media en España ou os 61 de Asturias, 99 de Aragón e 117 da Rioxa, polo que non podemos falar dunha xestión eficaz”.
“Non sabemos que vai pasar coas 297.000 vivendas baleiras que hai en Galicia e os 306 millóns previstos para este plan 2015-2010 supoñen apenas 51 millóns de euros ao ano, cando a partida era de 210 millóns en 2009; tampouco temos garantía de sexan executados polo Goberno galego á vista do sucedido entre 2009 e 2014”, rematou Bugallo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar