Os socialistas lembran que “a sanidade galega perdeu 1.216 millóns de euros de orzamento e 2.093 profesionais” desde a chegada do PP en 2009

Os socialistas lembran que “a sanidade galega perdeu 1.216 millóns de euros de orzamento e 2.093 profesionais” desde a chegada do PP en 2009

Os socialistas lembran que “a sanidade galega perdeu 1.216 millóns de euros de orzamento e 2.093 profesionais” desde a chegada do PP en 2009

O coportavoz de Sanidade dos socialistas galegos no Parlamento, Manuel Pachi Vázquez, lembrou hoxe no pleno que a sanidade galega “perdeu 1.216 millóns de euros de orzamento e 2.093 profesionais” desde a chegada do PP en 2009.

Nunha intervención en resposta á comparecencia da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, para falar do Plan de prioridades sanitarias, Vázquez lamentou “que fale do plan pero non dos seus resultados, falamos dun invento de Feijóo e da ex conselleira Farjas, pero o verdadeiro problema é que para o Partido Popular a sanidade e a educación pública son as culpables da crise”.

Os socialistas consideran que as listas de espera, “outra gran mentira”, son diferentes en Galicia ás homologadas no conxunto de España, “e non é certo que o gasto sanitario sexa excesivo, xa que en comparación co PIB é inferior ao resto das comunidades autónomas e moitos países”.

Vázquez advertiu dos datos de especialistas que reflicten que as mortes por enfermidades cardiovasculares aumentan desde 2012. “Os informes do Ministerio de Administracións Públicas do señor Montoro, non do Partido Socialista, recollen que en Galicia hai 2.093 profesionais sanitarios menos que en 2009”, apuntou.

“Se non se cubren xubilacións e as vacantes das vacacións, non pode ser que a sanidade funcione ben, por non falar dos doentes que non poden tomar os seus fármacos por motivos económicos”, dixo o deputado socialista, que rematou afirmando que “a sanidade galega está vivindo a situación máis crítica dos últimos quince anos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar