Os socialistas lamentan que “os enfermos de hepatite C non se fíen da Xunta de Galicia” e esixen que se poña fin “á desconfianza e á crispación das familias”

Os socialistas lamentan que “os enfermos de hepatite C non se fíen da Xunta de Galicia” e esixen que se poña fin “á desconfianza e á crispación das familias”

Os socialistas lamentan que “os enfermos de hepatite C non se fíen da Xunta de Galicia” e esixen que se poña fin “á desconfianza e á crispación das familias”

Pachi Vázquez parlamentoO coportavoz de Sanidade dos socialistas galegos, Manuel Pachi Vázquez, lamentou no pleno de hoxe que “os enfermos de hepatite C e os seus familiares non se fíen da Xunta de Galicia, e de feito todos lembramos a cara dos deputados do PP esta mañá votando en contra do novo tratamento”.

“Os doentes queren información, veracidade e claridade, coñecer cales son exactamente os criterios para dar a medicación”, asegurou Vázquez, que demandou á conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, máis datos sobre o número de enfermos que reciben os fármacos tras ser examinados pola comisión de seguimento.

“Hai 30.000 pacientes en Galicia nunha situación de angustia e non están satisfeitos co que lles din na Xunta”, manifestou o socialista, que criticou a “falla de claridade” tanto do Goberno central como da Xunta, “xa que o Ministerio de Sanidade asegura que non é un problema económico, pero a situación non avanza por parte do Goberno de Feijóo e os enfermos e as súas familias están desconcertados”.

Ata hai meses, a hepatite C se trataba cunha combinación de medicamentos, Interferon e Ribavirina, que acadaban índices baixos de curación e que producían graves efectos secundarios, pero recentemente prodúcese un grande avance científico co descubrimento dun fármaco, o Sofosbuvir, que está revolucionando o tratamento desta enfermidade con taxas de curación que superan o 90%.

“Temos que evitar que este tema vaia a máis e non podemos valorar a solución a este problema en termos económicos; hai plantexamentos das administracións públicas que deben estar moi definidos e a sanidade pública sempre debe ser unha prioridade”, engadiu Vázquez.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar