Os socialistas lamentan que “o 35% do orzamento de medio rural sexa para arranxar camiños, apagar lumes e axudar a determinadas empresas”

Os socialistas lamentan que “o 35% do orzamento de medio rural sexa para arranxar camiños, apagar lumes e axudar a determinadas empresas”

Os socialistas lamentan que “o 35% do orzamento de medio rural sexa para arranxar camiños, apagar lumes e axudar a determinadas empresas”

Pablo GarcíaOs socialistas galegos denunciaron hoxe no Parlamento que “o 35% do orzamento da Consellería de Medio Rural e do Mar para o ano 2015 sexa para apagar lumes, axudar a determinadas empresas e arranxar camiños”, nos meses anteriores á celebración dunhas eleccións municipais.
En resposta á conselleira Rosa Quintana, que compareceu en comisión para explicar os orzamentos, o portavoz de Medio Rural socialista, Pablo García, asegurou que “nin vostede nin o presidente Feijóo” teñen un plan para “sectores estratéxicos como o lácteo, a pesca e o campo galego”. O orzamento da consellería baixa en 13,4 millóns de euros con respecto a 2014 e en máis de 300 millóns de euros con respecto ao ano 1010.
“Hoxe presenta un conxunto de partidas feito co único fin de retroalimentar a estrutura e os programas existentes sen ningún tipo de orientación política e priorización, o PP carece de visión para abordar os problemas que atravesan os nosos principais sectores produtivos”, manifestou García.
O PSdeG lamenta “a renuncia expresa por parte da Xunta de aproveitar a potencialidade de dous sectores, o agrogandeiro e forestal e o do mar, dous sectores estratéxicos que a pesares dos momentos de dificultade económica xeral seguen aguantando da nosa economía e que sen dúbida poderían ser un dos motores que axudara á saída da crise”.
“Se analizamos o sector da pesca, pasou de 153 millóns de orzamento no 2010 a 53 no 2015, o seu fracaso político neste sector é evidente e os resultados están a vista no ano 2013, con dous afiliados ó Réxime Especial do Mar menos cada día, peores salarios, condicións de vida máis precarias, expulsión dos nosos barcos dos caladoiros de pesca ou alertas sanitarias”, apuntou o deputado socialista.
En opinión dos socialistas, “vostedes seguen vendo o sector agroalimentario dende un punto de vista anecdótico, sen liderazgo na toma de decisións, sen anticipación e planificación os problemas, sen estratexia nin a curto, nin a medio, nin a longo prazo”. “Nunca esta conselleira nin este presidente foron por diante, nunca esta conselleira nin este presidente dixeron por onde había que ir, nunca se anticiparon a un problema nin tiveron un plan, e se tiveron algún, como no caso de Alimentos Lácteos, non era sectorial senón político e saiu mal”, asegurou Pablo García.
“Os nosos gandeiros seguen sen ter as ferramentas administrativas e o apoio financeiro dos seus competidores directos, os mozos que se incorporan ao campo galego ven como nos anos seguintes se lle denegan a case todos os plans de mellora e o presidente Feijóo, cando vai por aí adiante de viaxe, fala de buscar novos mercados para o sector lácteo cando o ten aquí e o deixa morrer”, engadiu.
Garcia advertiu de que “de cada cinco euros dos que dispón para investir esta consellería, un vai para loitar contra o lume, mentres a milleiros de produtores lle denegamos unha pequena axuda insignificante, en termos económicos globais, por falla de orzamento, o que pon en serio risco a súa supervivencia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar