Os socialistas lamentan que Feijóo confirme a súa “pésima xestión” e “supere a barreira dos 10.000 millóns de débeda”

Os socialistas lamentan que Feijóo confirme a súa “pésima xestión” e “supere a barreira dos 10.000 millóns de débeda”

Os socialistas lamentan que Feijóo confirme a súa “pésima xestión” e “supere a barreira dos 10.000 millóns de débeda”

Méndez Romeu Xunta PortavocesOs socialistas galegos lamentan que “cando Feijóo sexa desaloxado do goberno, deixará a peor herdanza da historia de Galicia”, despois dos datos oficiais da débeda das administracións públicas coñecidos hoxe, que confirman a súa “pésima xestión”. O presidente da Xunta “vén de superar por vez primeira a barreira dos 10.000 millóns de euros de débeda, e duplicou en só seis anos toda a débeda histórica da comunidade”.

Así, a débeda de Galicia volveu a subir un 3,07%, para chegar aos 10.210 millóns de euros, o que significa o 18,3% do PIB. A finais de 2009, a débeda era de 4.859 millóns de euros e supoñía o 8,60% do PIB. O voceiro parlamentario dos socialistas galegos, José Luis Méndez Romeu, ve probada “a nefasta xestión dun goberno que quixo facer crer que era un goberno de bos xestores”, ao que “xa lle caeu a careta” porque “lonxe de endebedarse para apostar por unha economía de crecemento, mentres a débeda non para de crecer, Feijóo aplica o austerircidio e a privatización” nos servizos públicos.

“Cando un se endebeda, debería saber explicar para que, e debería ser para accións que permitan á vez mellorar o benestar e crecer para pagar a propia débeda, e este non é o caso”, din os socialistas, que apuntan que en España a débeda tamén aumenta, baixa na porcentaxe sobre o PIB, o que unha vez máis “alerta do estancamento de Galicia con respecto ao resto do Estado”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar