Os socialistas lamentan que a Xunta "renunciara a defender o cerco galego"

Os socialistas lamentan que a Xunta "renunciara a defender o cerco galego"

Os socialistas lamentan que a Xunta "renunciara a defender o cerco galego"

PlenoOs socialistas galegos lamentaron esta tarde no pleno do Parlamento que “a Xunta renunciara a defender o sector do cerco galego, con 154 embarcacións e do que viven 1.500 familias”. Como xa fixera nunha interpelación no pleno anterior, o portavoz de Pesca do PSdeG, José Ramón Val, criticou que a conselleira “renunciara a defender aos profesionais do mar e a solucionar os seus problemas, está amortizada e non é máis que o parapeto do presidente da Xunta”. Na sesión de hoxe, os socialistas presentaron unha moción, rexeitada polo PP, na que demandaban unha posición conxunta “para reclamar do Goberno do Estado o cumprimento dos acordos establecidos por parte da Secretaría Xeral de Pesca do Magrama en canto á pesca de bocarte na zona XIA, dispoñendo cota suficiente para poder garantir a actividade no que resta de ano”. Val lembrou que “o anterior secretario xeral de Pesca do ministerio asumira no seu momento a posibilidade de flexibilizar e poñer a disposición do sector máis cota se chegado o momento fose preciso”, compromiso que a día de hoxe non se ten materializado. “Onde están esas toneladas?”, preguntou Val. “Tamén solicitamos a reapertura da pesquería do xurelo na zona VIIIC utilizando todas as medidas que legalmente ten establecidas e un novo modelo de reparto baseado en criterios socioeconómicos para os próximos anos”, manifestou o portavoz de Pesca do PSdeG. “O único que pedimos é unha posición política en defensa da flota galega”, engadiu. O deputado socialista censurou que “a irrisoria cota de bocarte da que dispón a flota galega” na zona CIEM IX A “está a causar uns importantes prexuízos aos barcos galegos de cerco, que levan xa varios anos sufrindo un trato totalmente discriminatorio”. Galicia dispón do 1,14% do total da cota desta especie para a zona IX A, “unha cantidade insuficiente que ten suposto o peche da pesquería

desde febreiro do ano en curso”, xa que “dos últimos intercambios que o Goberno español realizou co Goberno portugués, a Galicia únicamente lle corresponderon 12 toneladas fronte as 1.100 toneladas que marcharon para Andalucía, e todo isto diante dun Goberno galego totalmente impasible e submiso”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar