Os socialistas lamentan que a Conselleira de Agricultura “nin está nin se lle espera” na defensa do sector lácteo

Os socialistas lamentan que a Conselleira de Agricultura “nin está nin se lle espera” na defensa do sector lácteo

Os socialistas lamentan que a Conselleira de Agricultura “nin está nin se lle espera” na defensa do sector lácteo

Pablo García sinala que o PP rexeita no Pleno a modificación da normativa que desenvolve o paquete lácteo, en contra do compromiso da ministra de Agricultura

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, sinalou hoxe que a conselleira de Agricultura “nin sabe, nin quere saber, nin está nin se lle espera”. Así o dixo no debate dunha moción socialista para que a Xunta demande a modificación do decreto que desenvolve o paquete lácteo e organice un marco estable e permanente de diálogo co sector, que foi rexeitada polo PP.

Pablo García salientou que o rexeitamento a esta iniciativa por parte do PP sitúase en contra dos anuncios da ministra de agricultura, co que “terán que marchar a ministra ou a conselleira”. Así o dixo logo de lembrar que a proposta establece que “todos os produtores teñan uns contratos de longa duración cun prezo referenciado, así como o desenvolvemento da figura do mediador”, tal e como defendeu o Ministerio.

O deputado socialista aludiu ás declaracións da ministra de Agricultura, que a pasada semana apostou por cambiar os mecanismos de aplicación do paquete lácteo –recomendacións da UE fronte á desaparición da PAC-. Sinala que a nova ministra emendou ao goberno galego e o PP, que levan meses votando en contra desta modificación cando foi proposta polos socialistas galegos.

García criticou o “desleixo” do goberno galego con relación ao sector do leite que, polo fracaso na xestión dos gobernos central e autonómico, apenas acadou que os produtores asinaran coa industria 6 contratos de subministro de mais de un ano de duración, dun total de 8.000. Esta cifra, dixo, vai en contra das recomendacións da UE, que precisamente avoga por ampliar a duración dos contratos para protexer aos gandeiros.

O responsable socialista considera “lamentable” que o goberno galego, o máximo responsable do sector agrario galego, teña que agardar catro meses á chegada dos datos de contratación polo seu desinterese. Dixo que “o problema é que a conselleira non se decata de que vai o tema, e é a ministra a que ten que tomar a iniciativa de cambiar o decreto”.

Dixo que a falla de liderado da conselleira prexudica claramente a un sector, o do leite, malia que Galicia é a principal produtora a nivel nacional e conta cunha das maiores cabanas gandeiras.

Cualificou ademais de “lamentable” que o propio Feijóo saíra daquela xuntanza coa ministra chamando a organizar unha organización de produtores de leite –OPL- a nivel nacional malia que en Galicia non foi quen de garantir, xa que “as dúas OPL o son a costa do goberno, xa que non contaron nin co seu liderado nin moito menos co seu apoio”.

Iniciativa

A proposta dos socialistas galegos avogaba por demandarlle ao goberno a modificación urxente da normativa que desenvolve o paquete lácteo, que non está cumprindo os seus obxectivos, para garantir contratos de longa duración cun prezo referenciado e o desenvolvemento da figura do mediador.

Ademais reclamaba un “marco estable e permanente de diálogo” co sector, que contemple “información e reunións de carácter mensual, de cara a seguir, no día a día, o desenvolvemento das relacións contractuais, así como a evolución de entregas e a evolución de prezos”.

Dixo neste sentido que a proposta de Feijóo de fomentar o asociacionismo de gandeiros a nivel nacional está baleira de contido por canto leva cinco anos de goberno nos que o goberno galego nunca se reuniu coas dúas organizacións de produtores de leite creadas en Galicia “sen o apoio da conselleira”. Criticou que apoien agora unha gran agrupación gandeira cando en Galicia non lle concederon “ningún tipo de axuda” ás dúas OPL.

A proposta pedía tamén “medidas efectivas e rápidas de mobilidade de terras que permitan unha base territorial competitiva” para as explotacións galegas. Ademais, insta ao goberno a acordar co sector “estratexias de xestión de excedentes puntuais” na produción para impedir un “efecto dominó” nas baixadas de prezos pagados aos produtores “na maioría dos casos sen razóns de mercado obxectivas que o xustifiquen”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar