Os socialistas lamentan os “recurtes marca PP” que afectan aos sectores máis débiles e impiden a escolarización de nenos e nenas con patoloxías crónicas

Carmen AcuñaA portavoz de Sanidade dos socialistas galegos, Carmen Acuña, denunciou hoxe non Parlamento os recurtes levados a cabo polo Partido Popular, que afectan aos sectores máis débiles da sociedade.
“Son recurtes marca PP, recurtes ideolóxicos que afectan aos sectores máis débiles e provocan problemas para escolarizar a fillos con algunha discapacidade ou patoloxía crónica”, afirmou Acuña, que demandou á Xunta datos dos profesionais que cada día están pendentes destes casos.
Na súa resposta, o director xeral de Asistencia Sanitaria, Félix Rubial, limitouse a dar datos do Programa Alerta Escolar do 061. “Non queremos que nos falen de emerxencias, se non de coidados do día a día”, apuntou Acuña, que fixo referencia a casos concretos de sentenzas xudiciais que obrigan á Xunta a prestar determinados coidados a algúns escolares, “e sen embargo o Goberno non está cumprindo”.
“A escolarización dos nenos e nenas con necesidades especiais está seriamente ameazada, pois as familias vense a diario obrigadas a escoller entre escolarizar ao menor, con grave risco para eles, ou atender o coidado da súa saúde, renunciando por elo á súa educación”, engadiu a deputada socialista.
Na Comisión de Sanidade, os socialistas galegos trasladaron á Xunta a reivindicación de Anedia, a Asociación de nenos e nenas diabéticos de Galicia, pedindo un protocolo para atender correctamente aos escolares diabéticos no Día Mundial da Diabete.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar