Os socialistas lamentan o veto sen precedentes de Feijóo á designación de Besteiro como senador

Os socialistas lamentan o veto sen precedentes de Feijóo á designación de Besteiro como senador

Os socialistas censuran a lamentable actitude do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen decidiu persoalmente vetar a designación do secretario xeral do PsdeG, José Ramón Gómez Besteiro, como representante territorial no Senado, nun acto sen precedentes na historia do Parlamento galego. Unha decisión que deixa os socialistas sen o seu dereito a cubrir a vacante existente agora mesmo na Cámara estatal e que rompe coas regras democráticas, polo que só pode entenderse desde unha actitude de pataleta política de Feijóo contra o líder dos socialistas galegos.

Asimesmo, lembran que a cobertura da praza no Senado, un dereito do seu partido, nada ten que ver coas negociacións paralelas para a necesaria renovación de órganos como o Consello de Contas, o Valedor do Pobo ou o consello da CRTVG. Calquera intento de vencellar ambas cousas é unha perversión do sistema democrático. Por outra banda, no caso do Consello de Contas, destacan a sobrada formación, capacidade e valía do nome proposto polo seu grupo para formar parte deste órgano, o de Xaquín Fernández Leiceaga. Os socialistas manteñen a esperanza de que o grupo popular e o seu líder, Alberto Núñez Feijóo, recapaciten para encauzar unha situación que non fai senón entorpecer o correcto funcionamento das institucións.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar