O PSdeG lamenta o "trunfalismo" do PP cos datos de violencia de xénero e esixen un pacto para rematar con esta lacra

O PSdeG lamenta o "trunfalismo" do PP cos datos de violencia de xénero e esixen un pacto para rematar con esta lacra

O PSdeG lamenta o "trunfalismo" do PP cos datos de violencia de xénero e esixen un pacto para rematar con esta lacra

Os socialistas galegos lamentan “o trunfalismo” do Partido Popular cos datos de violencia de xénero e demandan á Xunta de Feijóo e ao Goberno de Rajoy “que deixen de mirar para outro lado” e impulsen un pacto político e social para rematar con esta lacra.

Nunha comparecencia ante os medios de comunicación, a secretaria de Igualdade da Executiva do PSdeG, Eva Martínez, e a portavoz de Igualdade dos socialistas no Parlamento, Carme Acuña, lembraron a petición de comparecencia urxente na Cámara galega do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ante o aumento de casos de violencia de xénero.

“Falamos de corenta mulleres asasinadas en España e sete en Galicia no que vai de ano, algo non funciona ademais cando moitas das vítimas non presentaran denuncia previa”, afirmou Martínez, que denuncia o “pasotismo do PP” e pide “vontade política para considerar este problema prioritario”.

Os socialistas apuntan que os orzamentos da Secretaría Xeral de Igualdade pasaron de 60 millóns de euros a 12,3 millóns en cinco anos e os programas de prevención e educación nos concellos galegos caeron un 55%. “Hai que recuperar estes fondos para desenvolver na súa integridade a Lei de Violencia de Xénero”, sostén a secretaria de Igualdade dos socialistas galegos.

A deputada Carme Acuña criticou o “esquecemento social e o abandono das vítimas, os datos oficiais reflicten que no 2013 houbo 3.931 denuncias en Galicia, das que só se incoaron 1.067 solicitudes de protección”. Destas 1.067, acabaron denegándose 409 e só percibiron o salario da liberdade 268 mulleres.

Entre as medidas a curto prazo, os socialistas demandan “en primeiro lugar, que se cumpra a lei, porque as mulleres vítimas teñen dereito a recibir a Risga cun procedemento abreviado e non se fai”. Acuña esixe tamén “atención psicolóxica desde que se coñece a súa situación, replantexar a idoneidade das casas de acollida” e retomar a comisión de estudo sobre violencia de xénero no Parlamento de Galicia, “sempre que sirva e sexa efectiva”.

“Que fagan algo, que dean respostas a todas as mulleres que están sufrindo”, engadiu Eva Martínez. As dúas representantes do PSdeG lamentaron que Rueda acuse aos socialistas de facer demagoxia, “cando estamos a falar de violencia machista e de corenta mulleres mortas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar