Os socialistas lamentan "o sectarismo ideolóxico radical" da Xunta ao devolver o concerto aos centros que segregan por sexo

Os socialistas lamentan "o sectarismo ideolóxico radical" da Xunta ao devolver o concerto aos centros que segregan por sexo

Os socialistas lamentan "o sectarismo ideolóxico radical" da Xunta ao devolver o concerto aos centros que segregan por sexo

Vicente DocasarO portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, lamentou hoxe “o sectarismo ideolóxico radical” da Xunta ao devolver o concerto aos centros educativos que segregan por sexo despois de que o Tribunal Supremo declarase ilegal o seu financiamento con diñeiro público.

O Goberno galego xustifica a decisión na aplicación dunha disposición transitoria da Lomce, pero Docasar lembra que esta lei naceu, por vontade do partido popular, con clara data de caducidade, e está tamén recorrida polos socialistas ante o Tribunal Constitucional; temos que arranxar nos xulgados os temas que deberían solventarse nos parlamentos e dunha maneira racional pola chulería e soberbia dun goberno cada vez máis borracho de poder.

O deputado socialista esíxelle por outra parte ao conselleiro Jesús Vázquez que “busque a fórmula mais axeitada para que eses cinco centros vinculados ao Opus devolvan de maneira inmediata os cartos públicos recibidos indebidamente”. “Falamos de tres millóns de euros por ano, que serían moi útiles para loitar contra a pobreza infantil, conceder becas ou dar axudas para libros de texto ou comedores escolares ”, afirma Docasar.

O parlamentario socialista puntualizou que sabemos que hai familias que demandan este tipo de centros, pero debe haber unha clara condición: “non poden ter subvencións públicas”. As axudas públicas para financiar centros segregadores, en opinión dos socialistas galegos, constitúen “unha aberración ideolóxica” derivada da “irresponsabilidade” do Goberno de Feijóo.

O PSdeG reitera, unha vez máis, que a imposición da nova Lei Educativa chegou “sen consenso, cun calendario de implantación caótico e sen contar cun financiamento claro”, aínda que lamentablemente serve ao Partido Popular para manter o seu apoio con cartos públicos á segregación por sexo nos centros.

“Este país non necesitaba unha lei redactada pola Conferencia Episcopal e pola FAES, xa o dixemos moitas veces; este país necesitaba e segue necesitando unha lei que proporcione estabilidade ao sistema educativo, pois só esa estabilidade sería quen de conseguir unha mellora real na nosa educación”, engade Docasar.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar