OS SOCIALISTAS LAMENTAN O NIVEL DE TRANSPARENCIA “CLARAMENTE MELLORABLE” DOS FONDOS DE COMPENSACIÓN TERRITORIAL

OS SOCIALISTAS LAMENTAN O NIVEL DE TRANSPARENCIA “CLARAMENTE MELLORABLE” DOS FONDOS DE COMPENSACIÓN TERRITORIAL

OS SOCIALISTAS LAMENTAN O NIVEL DE TRANSPARENCIA “CLARAMENTE MELLORABLE” DOS FONDOS DE COMPENSACIÓN TERRITORIAL

A deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo presentou esta mañá unha proposición non de Lei para instar ó goberno galego a implantar un sistema de rexistro contable específico para os proxectos financiados cos Fondos de Compensación Interterritorial, xustificando a totalidade do uso dos mesmos, e tratando de executalos ó 100%.

Na Comisión de Orzamentos, Rodríguez Rumbo amosou a “preocupación” do seu grupo parlamentario ó atoparse, entre as recomendacións feitas polo Consello de Contas, “cun nivel de transparencia e un índice de execución orzamentaria claramente mellorables”.

A portavoz socialista de Economía lamentou que “nos últimos anos asistamos a unha progresiva perda duns fondos que sempre tiveron un peso moi importante en Galicia”, concretamente 160 millóns entre 2008 e 2014, e amosou a súa inquedanza porque podan “chegar a ser totalmente irrelevantes”.

Como causa, apuntou a unha “falta de estratexia para reverter os desequilibrios”, e a un uso dos cartos recibidos “máis para tapar buratos que como estratexia de desenvolvemento rexional”.

Rodríguez Rumbo afeou ó executivo galego que “os desequilibrios económicos interterritoriais seguen sen estar corrixidos”, e invitouno a “repensar” a súa xestión dos fondos europeos ante a “perspectiva da súa perda nun futuro non moi lonxano”

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar