Os socialistas lamentan "o fracaso en política industrial" da Xunta e as "falsas promesas" sobre o dique flotante de Ferrol

Os socialistas lamentan "o fracaso en política industrial" da Xunta e as "falsas promesas" sobre o dique flotante de Ferrol

Os socialistas lamentan "o fracaso en política industrial" da Xunta e as "falsas promesas" sobre o dique flotante de Ferrol

Os socialistas galegos lamentaron hoxe no Parlamento “o fracaso” da Xunta do PP en política industrial, “con falsas promesas sobre o dique flotante de Ferrol, un proxecto para o que nunca houbo un compromiso firme do presidente Núñez Feijóo, só maniobras dilatorias”.

O grupo do PSdeG apoiou hoxe nunha deputación permanente na Cámara galega unha petición de comparecencia do presidente da Xunta nun pleno extraordinario, rexeitada polo PP, tras o veto de Bruxelas ao dique flotante de Ferrol. “Unha comparecencia que sería un feito inédito neste Parlamento”, manifestou o portavoz dos socialistas, José Luis Méndez Romeu.

“Hoxe asistimos á culminación dun debate que se iniciou cunha falsa promesa durante un período electoral e da que xa se falou aquí por unha emenda dos socialistas aos orzamentos”, afirmou Méndez, “pero o PP nunca estivo interesado en facer un proxecto técnico do dique flotante ou en buscar un financiamento que puidera encaixar nas axudas comunitarias”.

Os socialistas criticaron a ineficacia en política económica dos executivos de Galicia e do Estado. “A política territorial, industrial e demográfica da Xunta non provocan efecto positivo e Ferrol ten os peores datos de desemprego do noso país”, apuntou o portavoz do PSdeG.

Méndez Romeu lembrou o papel de “convidado de pedra” de Feijóo na visita de Angela Merkel e Mariano Rajoy a Santiago, “limitándose a facer reverencias” e sen explicarlle a situación económica de Galicia e España, “onde o número de cotizantes é igual ao das persoas receptoras de subsidios”. Así, o socialista lamenta “o longo período de vacacións” do PP sen facer “ningunha xestión” a pesar de que os datos “cuestionan fondamente o rumbo da política de Feijóo e a viabilidade do país”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar