Os socialistas lamentan o falecemento dunha nova vítima de violencia de xénero en Narón e reclámanlle á Xunta que recupere as políticas de prevención

Os socialistas lamentan o falecemento dunha nova vítima de violencia de xénero en Narón e reclámanlle á Xunta que recupere as políticas de prevención

Os socialistas lamentan o falecemento dunha nova vítima de violencia de xénero en Narón e reclámanlle á Xunta que recupere as políticas de prevención

A secretaria de Igualdade do PSdeG-PSOE, Carmen Cajide, lamentou o novo asasinato por violencia de xénero rexistrado en Narón. Así o dixo logo do falecemento dunha muller e o suicidio da súa parella, coa que se atopaba en trámites de divorcio e a quen tiña denunciado por malos tratos.

Os socialistas amosaron a súa repulsa contra a violencia de xénero e reclamaron “todo o esforzo” das administracións públicas e a colaboración social para denunciar estes casos e rematar con esta lacra. Cajide lamentou que neste ano 2013 Galicia conte con 3 mulleres falecidas por causa da violencia de xénero.

Reclamoulle así á Xunta que recupere as políticas de Igualdade e de prevención da violencia de xénero. A responsable socialista considerou estas medidas “indispensables” para fomentar a autonomía das mulleres e permitir “romper co círculo da violencia de xénero”.

A responsable socialista reclamoulle a Feijóo que “retome as políticas de igualdade” nos próximos orzamentos logo de ter recortado un 79 por cento as accións destinadas á igualdade e a protección e promoción da muller. Lembrou que estas partidas pasaron de 33,5 millóns de euros en 2009 a menos de 7 para 2012, mentres diminuíron un 15 por cento as contías para fomento da conciliación, deixándoas en 805.000 euros.

Cajide denunciou que o PP estea relegando “ao esquecemento” a loita contra a violencia de xénero cunha política “insensible” na que “deixan de prestarlle apoio ás vítimas”, renunciando ademais levar adiante campañas de sensibilización.

Lamentou que estes recortes coinciden co recorte nas transferencias aos concellos para a loita contra a violencia de xénero e a promoción da igualdade, ou o debilitamento dos Centros de Información á Muller.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar