Os socialistas lamentan a drástica redución das axudas da Xunta aos conservatorios e Escolas Municipais de música

Os socialistas lamentan a drástica redución das axudas da Xunta aos conservatorios e Escolas Municipais de música

Os socialistas lamentan a drástica redución das axudas da Xunta aos conservatorios e Escolas Municipais de música

A baixada das subvencións nos últimos cinco anos coincide co aumento da matricula nestes estudos

O PSdeG lamenta a continua redución das axudas da Xunta de Galicia aos concellos que contan cun conservatorio ou unha escola municipal de música. Nos cinco anos de Goberno de Feijóo, a contía das subvencións pasou de 400.000 euros aos 100.000 euros contemplados para o ano 2014.

Por este motivo, a iniciativa dos deputados Vicente Docasar, Concepción Burgo e Francisco Caamaño, o Grupo Parlamentario dos Socialistas quere que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria explique se ten a intención de “seguir reducindo, ata eliminalas definitivamente, as subvencións que aporta aos conservatorios e ás escolas de música municipais”. A pregunta para a súa resposta en pleno e comisión foi presentada hoxe ante a Mesa da Cámara.

Tanto os conservatorios de música como as escolas municipais de música teñen unha gran demanda por parte do alumnado e das familias galegas. En pasadas datas, o Grupo Parlamentario Socialista pedía información da situación do Conservatorio de Música de Vigo, pois a demanda existente na comarca de Vigo non era capaz de ser absorbida polo dito centro, e solicitaban habilitar espazos nalgún dos centros públicos existentes na cidade para atender as necesidades musicais da comarca de Vigo.

A información publicada no DOG o pasado día 31 de Xaneiro leva ao Portavoz de Educación do PSdeG no Parlamento de Galicia, Vicente Docasar, a pensar que a intención do PP pasa por dicirlle aos concellos galegos “o que queira estudar música, que a pague”, a pesares de que “a existencia dos conservatorios de música e das escolas municipais de música por todo o territorio galego ten contribuído tamén de maneira importante a ampliar o interese por estes estudos”, e de aí “o incremento notable de matriculacións que se ten producido nos últimos anos”.

Vicente Docasar lamenta a falta de sensibilidade da Xunta ante aos recortes que vén aplicando neste tipo de ensinanzas nos últimos cinco anos, e que afectan unha vez máis aos estudantes e as familias das pequenas vilas do noso país. Unha vez máis móstrase ás claras unha máxima que ven denunciando o Partido Socialista: “ao PP só lle interesa a Galicia rural nas campañas electorais para conseguir os seus votos. Pasadas as campañas electorais, abandono e ninguneo total”, concluíu Vicente Docasar.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar