Os socialistas instan a Xunta a rexenerar a explotación de Áridos de Trazo

Os socialistas instan a Xunta a rexenerar a explotación de Áridos de Trazo

Os socialistas instan a Xunta a rexenerar a explotación de Áridos de Trazo

Abel Losada pide ao goberno galego que traballe coa “maior esixencia e transparencia posible no proceso de restauración medioambiental das minerías”

O deputado socialista, Abel Losada, esixiulle hoxe á Xunta que se faga cargo da rexeneración da zona na que se desenvolveu a explotación de áridos no Concello de Trazo. Así o dixo nunha pregunta oral que se debateu na Comisión de Industria do Parlamento.

O grupo socialista insta a Xunta a que rexenere dita mina que actualmente e debido a súa situación crítica entrou en concurso de acredores. Ademais, sinalou que “se descoñece se existe un aval para a rexeneración da zona unha vez rematada a actividade ou se a Xunta de Galicia estuda dar un uso distinto a dita explotación”.

O grupo socialista entende que “é necesario recuperar os equilibrios medioambientais, xa que o impacto visual amosa que a tan só uns cen metros dos pequenos núcleos urbanos atópase a instalación mineira”. Debido o seu estado de abandono, os veciños piden que a Xunta se faga cargo desta situación.

Losada esixiulle ao goberno galego “a maior transparencia e a maior esixencia no proceso de restauración medioambiental das minerías”, para desmentir “o discurso do PP co tema da minería é que o PSOE está en contra do sector”. Puntualizou que “esperamos que presten especial atención a esta cuestión e que a xestionen coa maior transparencia administrativa posible”.

Explicou que o Concello de Trazo conta cunha explotación de áridos que dende o ano 2009 non ten actividade, dita concesión era propiedade de Áridos de Trazo, pertencente o grupo valenciano SEDESA. Actualmente e tras sete anos sen actividade, unha empresa pide utilizar a instalación para explotar residuos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar